Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Transfusión de espadeiro", outra visión sobre Lino Silva

O obra do pintor cambadés está esparexida por centos de vivendas, ducias de coleccionistas e galeristas

Panorámica dunha das salas onde se exhibe a obra pictórica de Lino Silva. // Iñaki Abella

Dous andares ateigados de obra plástica que amosan dúas propostas ben diferenciadas: a figuración, intensamente dominada polo trazo, polo debuxo, na ras do chan, e a moderada tendencia á abstracción que domina o andar superior no que se mostran láminas de papel desleixadas, auga mariña apenas alterada co pincel esluído en cores.

A Lino Silva vénlle de lonxe o academicismo sobre o que salta cando lle parece.

Porque non hai na súa traxectoria última nin a reflexión, nin o bocetismo, que tanto determina a obra súa e a doutros artistas que lle son queridos. Fixo sempre o que lle pareceu mellor a esa man áxil que traza sobre calquera soporte arrincado á vida que lle pasa por diante, coma se a pintura fose únicamente impulso e tensión.

Sen motivacións

Nunca fala das motivacións, que o fagan outros, el pinta, debuxa, perfila e mancha cando e como llo pide o corpo.

Non lle interesan as tendencias, os estilos, nin as técnicas, tanto lle ten o material; exprésase compulsivo sobre lenzo, ou na taboa, nun cartón ou en papel; mancha con acrílicos, óleos, acuarela ou viño tinto, según se dean as circunstancias e os recursos.

Coñecemos magníficos retratos expresionistas de Silva, dos que non hai ningún nesta mostra deliciosa que lle preparou José Vaamonde, o discreto e competente comisario artístico que exerce o seu oficio no cambadés Pazo de Torrado.

Aquí a escolla vai enfocada a retratar a inmensa capacidade plástica de Lino Silva, a reivindicar a quen probablemente é o máis singular artista do Val do Salnés e o peor enemigo de si mesmo.

Porque ningún outro pintor trata tan ben á súa obra mentres a fai e tan mal dende que está rematada.

Grupo Foga

Aliñou, xunto Kukas, Yayo, Méndez ou Paco Leiro, no activo Fato Onirista Galego (grupo FOGA) na década de 1970, do que se anuncia unha mostra en Cambados no vindeiro Nadal.

Aquel hiperactivo grupello, ao que remuda o grupo Atlántida dos vigueses anos oitenta, arrombaba na corte do Modus Vivendi compostelano, oficiando entre absenta e destilados escoceses, para iren logo axitar conciencias e estéticas, cangados de ira e argumentos naquel Santiago en réxime de mudanzas.

Eis os marcos que delimitan a obra de Lino Silva, deste cidadán extravagante, deste artista ensarillado, aínda pendiente de valorizar no que merece. Para non perder esas panorámicas abstraccións instaladas no alzado, pintadas coa salitre das cores.

Autorretratos

Para revisar os seus autorretratos sicolóxicos, e cadros deliciosos como o Neno que, tirado de contexto, podería asinar Pablo Picaso, Eva ou o Retrato dunha moza.

Obras que conviven con esa rememoración de quirófano hospitalar que é o Furancho da Pastora, no que se practica a gozosa transfusión de espadeiro.

Compartir el artículo

stats