Preto de cen persoas concéntranse contra o "decretazo" da lingua en Vilagarcía

Os responsables comarcais de "Queremos Galego" criticaron a xestión lingüística posta en marcha polo goberno de Núñez Feijóo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Preto de cen persoas concentráronse na Praza de Galicia, en Vilagarcía.
Preto de cen persoas concentráronse na Praza de Galicia, en Vilagarcía. 

F.FRIEIRO - VILAGARCÍA Preto de cen persoas concentráronse a última hora da tarde de onte na Praza de Galicia para mostrar a súa repulsa ao que chaman"decretazo" da lingua aprobada o sábado polo goberno autonómico. Vilagarcía sumouse así aos actos de protesta convocados en distintas cidades de Galicia pola plataforma Queremos Galego. Foron os responsables comarcais deste colectivo os que censuraron a "nocturnidade e alevosía" coa que, segundo eles, foi aprobado o controvertido documento. Un voceiro da agrupación criticou o documento porque "non garante que o estudantado remate a etapa educativa con destreza na lingua" así como "é unha proposta feita de costas á cidadanía e que está tendo un rexeitamente por parte de distintos sectores da sociedade".
No acto, no que estiveron presentes responsables nacionalistas do goberno local, tamén se falou de que esta nova normativa vai supor un "enfrontamento entre os centros educativos e unha deixadez de funcións evidente dado que traslada o problema aos profesorado e ás propias familias".
Dende Queremos Galego insisten en que a entrada en vigor do "decretazo, vulnera leis básicas como a de Normalización Lingüística ou acordos parlamentarios como o Plan Xeral de normalización da lingua galega".
De feito, a plataforma non descarta continuar coas movilizacións para conseguir que o goberno autonómico mude de parecer.
No transcurso da concentración de onte, organizacións opostas ao defendido pola plataforma repartiron pasquíns informativos, unha actitude que por parte dalgúns colectivos presentes na protesta foi calificada de "boicot".

COMPARTIR
 
 
LOS HOMBRES MÁS RICOS, SEGÚN FORBES
+ VER GALERÍA
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009