Cambados recupera o concurso de filloas 3 anos despois para festexar o entroido

O certame celébrase o luns ás 17,30 no centro de exposicións José Peña

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - CAMBADOS Despois de tres anos sen celebrarse, o Concello de Cambados decidíu recuperar o concurso de filloas do entroido, no que se vai premiar a todos os equipos que participen, ainda que os dous primeiros clasificados vanse repartir un botín de 200 euros. O certame celébrase o luns de entroido ás 17,30 horas no recinto de exposicións José Peña, e según as bases do concurso, cada equipo de cociñeiros ten que estar formado por un mínimo de tres persoas e un máximo de dez.
Aqueles grupos que queiran participar teñen que anotarse no centro sociocultural de A Mercede, para optar a dúas categorías de premios: as máis saborosas e o maior número de filloas cociñadas nunha hora. Os dous equipos serán premiados con 100 euros. Aqueles que non acaden premio percibirán 50 euros polo simple feito de participar. Todo o proceso de elaboración vai ser de cara ao público, aportando cada equipo o seu propio material para a elaboración, agás os fogóns.
De todas formas, o certame de filloas é só unha das citas obrigadas do entroido de Cambados. Para o domingo, día 14, vólvese celebrar un desfile de carrozas engalanadas e máis dos disfrazados e choqueiros que desexen participar no mesmo. Este espectáculo parte da escalinata de San Tomé, ás 17 horas, e percorrerá as principais rúas da vila ata rematar na praza do Concello.
O día 16 vai ser o día grande do entroido en Cambados, con outro espectacular desfile de carrozas que, partindo da escalinata de San Tomé. As carrozas que participen optan a diversos premios en metálico nun concurso que se vai fallar a partires das 18 horas. O obxectivo é recuperar o esplendor que antigamente tiña Cambados durante estas datas.
Ademais de Cambados, Ribadumia tamén se está volcando na organización do seu entroido, centrado de maneira especial nos máis novos.
O baile de disfraces infantil vaise realizar o vindeiro luns 15 no centro social de Barrantes. A música, a animación e os agasallos serán o principal atractivo desta festa. O baile comeza ás 17 horas e vaise premiar a orixinalidade dos traxes á hora de outorgar os premios, que se reparten en diferentes categorías.
Ademais dos premios, tamén vai haber un sorteo de dúas bicicletas e outros agasallos. O Concello vai recoller, de forma gratuita aos nenos polas diferentes parroquias.
Coa creatividade e orixinalidade do entroido tamén traballan esta semana os nenos da Escola de Ocio e Tempo libre, que están elaborando os seus propios disfraces.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009