Vilanova mergúllase nos preparativos da Festa do Momo xunto con diversos colectivos

O principal evento do entroido vilanovés celébrase os días 20 e 21 de febreiro

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O Momo é un dos eventos máis importantes de Vilanova.
O Momo é un dos eventos máis importantes de Vilanova.  J.L.Oubiña

REDACCIÓN - VILANOVA O Concello de Vilanova de Arousa está inmerso nos preparativos da Festa do Momo, unha das grandes tradicións máis significativas do folclore do municipio. Esta semana, os concelleiros Javier Tourís, Ana María Carballa e Miguel Vázquez mantiveron unha reunión cos departamentos municipais implicados na organización e cos colectivos do municipio que, como cada ano, tamén poñen o seu grao de area na preparación do evento.
Como tamén se fai coa Cabalgata de Reis, desde o Concello se lle quixo imprimir á organización da Festa do Momo un carácter participativo. Así, van colaborar na preparación da festa personal das casas da cultura, de Vías e Obras, e responsables da Policía Local e Protección Civil, ademais de representantes das asociacións de mulleres rurais, da asociación de comerciantes Vilanova Centro, da de familias rurais de Corón-Caleiro e outros colectivos.
A reunión centrouse na planificación xeral dos actos que se van a desenvolver na fin de semana do 20 e 21 de febreiro. Por quinto ano consecutivo, a Festa do Momo celebrarase en dúas xornadas para dar maior relevancia a esta tradición de tanta raigame no municipio.
O sábado pola noite, como xa vén sendo habitual, terá lugar o xa tradicional velorio do Momo diante da praza do Concello, no que non faltarán as choronas e comparsas. Tamén vai haber degustación gratuita de orellas e filloas, postres típicos de entroido que cociñan as asociacións. Ao día seguinte, o domingo de piñata, a partires das 17 horas, como tamén ven sendo tradición, sairá á rúa o Momo ao que seguirá un desfile multitudinario de comparsas e carrozas acompañadas de bandas de música e charangas. Son moitas as sorpresas que se están a preparar para esta celebración, entre elas a propia identidade do Momo, que nunca se desvela antes da xornada de festa.
Nas próximas semanas vanse perfilar os detalles que dan nova vida a este festexo de entroido que cada ano reúne a miles de personas procedentes de moitos lugares de Galicia. Desde a organización aproveitan a ocasión para animar a todo o mundo a participar nesta festa, que contén un gran colorido. As comparsas que queiran informarse poden facelo na casa da cultura do Esteiro en horario de 17 a 21 horas, ou chamando ao teléfono 986 55 48 45.
A Festa do Momo é o evento que pecha o entroido na comarca de O Salnés. Antiga tradición, estivo a punto de desaparecer por completo, pero nos anos oitenta, a Coral Polifónica de Vilanova rescatouno do esquecemento para darlle un pulo significativo. Ainda que a entidade abandonou hai uns anos a organización íntegra desta festa, o Concello colleu as rendas da mesma e convertíuna nun dos eventos máis importantes non só de Vilanova, senón de toda a comarca de O Salnés. O Momo sempre ridiculiza a unha figura que estivese no candeleiro durante ese ano.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009