Animan ós arousáns a sumarse á defensa da lingua galega a través de ProLingua

A plataforma presenta o 5 de febreiro un libro sobre o idioma en 55 vilas do mundo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Os iniciadores de ProLingua en Vilagarcía.
Os iniciadores de ProLingua en Vilagarcía.  J.L.Oubiña

A.M. - VILAGARCÍA Os membros de Vilagarcía da plataforma ProLingua animan a todos os cidadáns deste concello –e do resto do Salnés– preocupados pola situación da lingua galega a que se dean de alta da plataforma.
Unha das voceiras do grupo, Cruz López, indicaba onte que para sumarse a ProLingua abonda con asinar o manifesto que figura na páxina web "prolinguagalega.org". Indica que o manifesto consta dunha serie de puntos, pero que, en esencia, o que se pretende é evitar a aprobación do decreto da lingua galega na ensinanza que promove a Xunta de Galicia, e que está en fase de borrador.
Cruz López manifesta tamén que ProLingua é un movimento apartidista, no que participan tanto persoas dos catro principais partidos políticos galegos, como outras sen unha simpatía política definida. Outro aspecto que desexa clarificar é que a plataforma non está integrada unicamente por persoas do mundo do ensino, senón que tamén se sumaron a ela dende empresarios a autónomos de varios sectores.
Cruz López entende que o denominador común dos integrantes de ProLingua é a preocupación pola situación do idioma galego, e a necesidade, segundo a súa opinión, de que a metade das asignaturas do colexio e do instituto se impartan en galego, e non ó 33 por cento, como pretende o Partido Popular.
Os integrantes de ProLingua en Vilagarcía aproveitaron tamén a súa presentación pública para dar a coñecer o libro "55 mentiras sobre a lingua galega", que edita Laiovento, e que o venres, 5 de febreiro, se presentará simultaneamente nunha trintena de vilas e cidades galegas.
Cruz López indica que se trata dun ensaio ameno, elaborado por diversos especialistas, no que se desmontar algunas das "mentiras" propagadas sobre o galego. A modo de exemplo, cita como falsa a afirmación de que a lingua galega xa está normalizada. Cruz López indica que abonda con ver a porcentaxe de hipotecas bancarias que se escrituran en galego, ou o número de sentencias xudiciais que se dictan neste idioma para comprobar que esa afirmación é falsa. A integrante de ProLingua cita outro tópico como o de que o galego non é unha lingua científica. A este respecto, contesta que "tampouco o é o castelán, nin sequera o chinés. A lingua científica é o inglés".
"Neste libro bótanse por terra algúns dos enganos e mentiras que existen en torno ó galego", engade López. Os membros de ProLingua opinan que hay que volver "ó sentido común e ó consenso" da Lei de Normalización Lingüística de 2004, que fora aprobada polos tres grandes partidos políticos, e insisten na súa tese de que un neno galego-falante aprende sen dificultades o castelán –ó ser a lingua imperante en case todos os ámbitos–, pero non ó revés.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009