EN DIRECTO
Andrea Porto Mato - Escritora

"A miña poesía ten influencias da música"

Gañadora do Premio O Grelo 2009

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Andrea Porto.
Andrea Porto.  Reproducción Abella

Andrea Porto Mato naceu en Codeseda no Nadal de 1989. é estudante de Educación Musical na USC e de Pedagoxía Musical no CSM de Vigo. Acadou outros recoñecementos literarios en narración, teatro e poesía.

M.G. - VILAGARCÍA O libro de poemas “Eco in aeternam”, da xoven escritora Andrea Porto Mato, gañadora do Premio de Poesía O Grelo 2009, foi presentado onte no Concello de Vilagarcía pola propia autora e o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, quen salientou a oportunidade que o concurso da aos novos poetas como unha plataforma de lanzamento. O edil dixo que Andrea Porto, quen xa recibiu outros premios, vai camiño de entrar con forza no mundo literario como xa o fixeron outros poetas consagrados, coma Marta da Costa ou Anxo Angueira, tamén gañadores do certame convocado pola Fundación Amigos de Galicia.

–¿En qué se inspira a súa obra?

–O que escribo está baseado nas miñas vivencias. Para min a escritura é unha válvula de escape, un xeito de comunicarme.

–¿Pero vostede encamiña a súa vida profesional no ámbito musical, onde deixa a literatura?

–A escritura e a música forman parte da miña vida. Non sei cal ten máis peso. De feito, o meu poemario “Eco in aeternam” ten moitas influencias musicais. Estudio Educación Musical e Pedagoxía Musical para adicarme profesionalmente á música, pero sigo escribindo como unha necesidade da miña vida.

–¿Eco in aeternam é o seu primero libro?

– Sí, é o meu primeiro libro en solitario no ámbito da poesía, aínda que teño outros poemas publicados en edicións colectivas.

– ¿Traballou noutros xéneros literarios?

–Teño escrito relatos e algunha obra de teatro, xéneros onde tamén tive recoñecementos literarios, pero agora adícome á poesía porque nesta faceta da miña vida síntome máis cómoda expresándome deste xeito.

–¿Qué sentiu ó coñecer que era a gañadora do premio de poesía O Grelo?

–Unha grande satisfacción que é agora maior ó ver publicado o libro, do que se editan 1.500 exemplares e poderá estar en todos os currunchos de Galicia. Seguirei escribindo porque creatividade musical e poética para min van xuntas.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009