EN DIRECTO

Queremos Galego pretende movilizar os pais do Salnés contra o decreto da lingua

Un grupo de renovación pedagóxica tamén demanda a retirada do borrador da lei da Xunta

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A.M. - O SALNÉS A polémica polo decreto sobre a lingua galega nos centros educativos tamén afecta ó Salnés. Así, os socios arousáns da plataforma Queremos Galego van enviar unha carta a todas as asociacións de pais de alumnos do Salnés, para pedirlles que apoien, na medida do posible, a folga do 21 de xaneiro.
Para iso, a plataforma que preside Xabier Ríos propón ás familias que este xoves non manden os nenos á escola, e que acudan á manifestación que se vai celebrar en Santiago de Compostela, e que sae da Alameda ás 11.30 horas. Os que queiran desprazarse en transporte público ata a capital de Galicia poden facelo nos autobuses gratuitos contratados por Queremos Galego. Para iso hai que reservar praza nos teléfonos 986.565.059 ou 986.505.323.
Para esta entidade, o “decretazo” en materia lingüística da Xunta de Galicia causará diversos problemas, así como enfrontamentos dentro dos centros educativos, unha rebaixa na calidade do ensino e máis casos de fracaso escolar. Ademáis, Xabier Ríos insiste en que o decreto do goberno de Alberto Núñez Feijóo pon en risco a propia supervivencia do idioma galego.

Outras entidades

O voceiro do BNG –e tenente de alcalde– de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, presenta unha moción para que a corporación inste á Xunta de Galicia a retirar o borrador de decreto, a respectar a normalización lingüística contemplada no Estatuto e a volver ó diálogo social.
Os nacionalistas apelan a diversos informes oficiais segundo os cales cada vez hai menos galego-falantes e existen ámbitos, como o xudicial, nos que a presencia desta lingua aínda é testemuñal. Tamén o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega emitiu un comunicado de protesta, alegando que o decreto do plurilingüismo “supón un ataque sen precedentes á lingua e á cultura galegas”, e anima á “participación masiva” na folga do xoves.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009