EN DIRECTO

"Coa prosa non me sentía cómodo e notaba que non expresaba o que quería"

"Levaba buscando isto dende hai anos e ver agora o libro entre as mans é marabilloso"

 
Ramón Nogueira, onte no Paseo da Calzada.  // Iñaki Abella
Ramón Nogueira, onte no Paseo da Calzada. // Iñaki Abella 

ANXO MARTÍNEZ / CAMBADOS Ramón Nogueira é de San Tomé e estudia segundo de Bacharelato no instituto Francisco Asorey. Con só 17 anos ve cumprido o soño de calquera aspirante a escritor: ver publicada a súa obra. “Berros dende o Alén” é o título do seu primeiro libro, que presentou onte pola tarde no propio Asorey. A responsable da edición é a asociación de ensinantes Candea, que durante 2009 tivo un protagonismo capital na organización de actividades de homenaxe a Ramón Cabanillas. Para a presidenta desta entidade, Adela Leiro, a mellor maneira de despedir o Ano Cabanillas é precisamente “poñer a mirada no futuro e impulsar o nacemento dun autor novo”.

–¿Como definiría “Berros dende o Alén”?

–Son poemas sobre todo de tipo intimista, que tratan os temas da adolescencia. O que intento con eles é expresar todo o que sinto en cada momento.

–É poesía intimista, pero vostede tamén escribe cousas combativas, reivindicativas.

–Si que escribo ese tipo de poesía, pero non está en “Berros dende o Alén”.

–¿Que pretende transmitir co título do poemario?

–“Berros dende o Alén” significa unha maneira de ver o mundo máis alá da perspectiva que temos habitualmente, máis alá do home.

–¿Que se sinte ó ver publicado un primeiro libro con só dezasete anos?

–En primeiro lugar un agradecemento enorme hacia os que me dan esta oportunidade. Levaba buscando isto dende hai catro anos e ver agora o libro entre as mans é marabilloso.

–A idea da publicación en papel xorde despois de que vostede crease un blog no que ía publicando as súas poesías, e de que un profesor seu reparase nelas. ¿É a internet hoxe en día unha ferramenta útil para que se dean a coñecer os autores novos?

–Eu creo que si. Eu procuraba que o blog fose o máis atractivo posible introducindo fotografías, que é algo que tamén me atrae bastante.

–¿Que significa para vostede o acto de escribir poesía?

–Un desafogo inmenso, e unha maneira de expresar o que sinto dun xeito fluido e exacto.

–¿É máis doado acadar eses obxectivos coa lírica que cun escrito en prosa?

–Eu intenteino primeiro coa prosa, pero non me sentía cómodo e notaba que non expresaba o que eu quería. Ata que un día probei a facelo en verso e vin que era así como lograba desafogarme de verdade.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya