EN DIRECTO

Secundino Abal, o mestre de centos de gaiteiros

O músico de Cambados, de 76 anos, é homenaxeado en Vigo

 
Secundino Abal (o primeiro pola dereita), cos seus compañeiros dos "Carballeiras" no Albariño.
Secundino Abal (o primeiro pola dereita), cos seus compañeiros dos "Carballeiras" no Albariño.  U.G.Chea

O grupo etnográfico A Buxaina, que pertence ó Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (Vigo) réndelle mañá sábado unha homenaxe a dous gaiteiros galegos: o lugués Javier de Pol, e o cambadés Secundino Abal González. No caso do arousano, A Buxaina pretende homenaxealo por ser un dos músicos en activo máis lonxevos –empezou a tocar con 16 anos, e agora ten 76– e polo seu labor educativo nos anos setenta e oitenta, iniciando no mundo da música tradicional a ducias de mozos. O acto é no auditorio de Caixanova, e actuacións de música e baile en directo.

ANXO MARTÍNEZ - CAMBADOS Secundino Abal González naceu en Vilariño (Cambados), en 1933, e aprende a tocar a gaita co seu tío José González Padín, que logo da Guerra Civil emigrou á Arxentina, formando con outros amigos un grupo co que amenizaban os bailes do Centro Galego. Mentres tanto, en Galicia, o seu sobriño cumpría os dezaseis anos e comezaba a tocar a dúo cun veciño da súa parroquia, Alfredo Rey, con quen forma Aires de Vilariño.

Pero cando Rey marcha a facer o servizo militar, a principios dos anos sesenta, Secundino Abal incorpórase ós Carballeiras, un grupo que xa existía antes da guerra de 1936, e que por aquel entón pertencía a San Martiño de Meis.

O cambadés permaneceu nesa formación durante unha morea de anos, ata que tanto el como varios dos seus compañeiros se mudaron artisticamente a Barrantes, formando o grupo Carballeiras que chegou ata a actualidade. Secundino Abal aínda toca a día de hoxe; se ben xa non participa nos pasarrúas, si que acode ás actuacións en escenarios fixos.

Mañá pola tarde réndenlle unha homenaxe en Vigo.

De alumno a mestre

Cando Abal González entra en contacto co mundo da música tradicional Os Campaneiros de Solobeira ou os gaiteiros de Soutelo de Montes son as grandes estrelas dese firmamento. O cambadés escoita con abraio a eses e outros grupos e aprende sobre a marcha.

Mentres se gañaba a vida como labrego e viticultor, acudía ás romerías relixiosas e festas gastronómicas máis importantes da época, como os Milagres de Amil, o Nazareno de A Pobra do Caramiñal ou o San Bieito e o Albariño de Cambados, que naquel intre comezaba a alborexar. De feito, a súa presencia –xunto ós demais carballeiras– foi dende entón case un elemento inseparable máis da programación musical da festa do viño de Cambados.

Sen embargo, a aportación de Abal á música tradicional non remata aí. E mentres outros só tomaban a gaita para actuar, el tamén a collía para ensinar. Entre os últimos anos da década dos setenta e os primeiros dos oitente, o músico cambadés deu clase a numerosas persoas de todo O Salnés. Os seus cursos celebrábanse en colexios e asociacións, e nalgúns casos foron o xerme de formacións musicais que pouco tempo despois acadarían unha enorme sona, como pasou cos Faíscas de Solobeira.

Esa é, precisamente, unha das facetas que máis destaca del Xaquín Xesteira, músico cambadés que forma parte de Treixadura e dos Faíscas. “Á parte de levar toda a vida no mundo da gaita –explica Xesteira– o maior mérito de Secundino Abal é que cando ningún gaiteiro se adicaba a dar clases, el si que llas deu a máis de catrocentas persoas”.

Nese tempo, moitos músicos entendían que ensinarlle ós mozos era como fomentar a competencia –pois corrían o risco de que as comisións de festas chamasen ós grupos novos, perdendo polo tanto actuacións, o que significaba tamén menos cartos ó cabo do ano–, pero segundo Xaquín Xesteira, Secundino Abal “antepuxo a ensinanza ós seus intereses e iniciou na gaita a moitísima xente”, incluidas varias mulleres.

Por iso, Abal compartiu os seus coñecementos, nunha época en que a música tradicional galega “estaba en perigo de extinción”, con veciños de Paradela, San Miguel de Deiro, O Grove, Vilariño, Vilanova...

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya