Dora Nogueira - Presidenta da Agrupación de Marisqueo a Pé

"Temos que mellorar a organización para obter bos resultados"

"Os obxectivos son rexenerar, a vixiancia e a limpeza"

 03:15  
Dora Nogueira, presidenta da Agrupación de Mariscadoras.
Dora Nogueira, presidenta da Agrupación de Mariscadoras.  I. Abella

A. G. - VILANOVA Dora Nogueira foi elixida como presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Vilanova por maioría abrumadora ao recibir 120 apoios das case 200 mulleres que traballan no sector do marisqueo a pé. Aos seus 43 anos, 20 deles traballando como mariscadora, xa ocupou o cargo nos últimos dous anos, aínda que demitíu en maio por discrepancias coa xestión do pósito.

–A súa victoria nas eleccións é incontestable ¿Significa iso que as mariscadoras están disconformes coa forma de levar a confraría?

–Creo que o resultado non deixa lugar a dúbidas. Foron as eleccións nas que máis xente participou e víuse que as mariscadoras queríamos un cambio na forma de xestionar. No seu día dimitimos tres persoas do cabildo porque entendíamos que as cousas non se estaban a facer ben. Das tres, dúas fomos as que sacamos máis votos nas elección. O principal problema, baixo o noso punto de vista, e que Evangelina Lago, a patrona mayor, tiña que adoptar unha postura moito máis imparcial e velar polo desenvolvemento da agrupación e non mirar só cara un lado e cara determinadas persoas, como cremos que estaba a facer.

–¿Para esta nova andaina cales son os proxectos máis importantes que se barallan?

–Sementar para poder recoller. Esa é a nosa máxima. Non comezaremos ata o próximo mes de febreiro pero imos traballar desde o primeiro día despois de tomar posesión para rexenerar as praias e conseguir incrementar as rendas das mariscadoras. Os esforzos máis importantes van a ser no Esteiro, o lugar no que se centra o noso esforzo extractivo a maior parte do ano.

–Precisamente o Esteiro ten un grave problema de contaminación que non se dá solucionado.

–Está catalogado como Zona C polo que teremos que buscar, coas administracións, solucións a un problema que xa ven de moi longo e que non se da arranxado. Nesta zona preocúpannos moitos temas, como os controis das biotoxinas que queren imprantar na UE ou que non se estean artellando medidas para sanealo, pois sofre verquidos unha e outra vez. Está claro que as mariscadoras non podemos tapar os tubos do Esteiro polo que debe existir unha maior implicacións das administracións e imos tratar de acadala.

–Ademais de sementar e rexenerar ¿Que outras necesidades ten a Agrupación?

–Creo que o noso principal cabalo de batalla ten que ser a organización. Non podemos ir unhas por un lado e as outras polo outro porque isto rompería por todas partes. Creo que falando e dialogando é como se chega a consensos entre a xente e así poderemos acadar os nosos obxectivos. Tamén cremos que debemos incidir en cuestións como a limpeza de praias ou a vixiancia, cuestións que resultan básicas para que as mariscadoras obteñamos mellores beneficios.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya