Carmen Loureiro pertence dende hai anos á coñecida como Red Noria, un proxecto educativo que pretende impulsar a outra cara da formación, a dos propios docentes. Loureiro achegouse onte ata o Auditorio de Vilagarcía para participar nos tradicionais encontros de Casaescola e ofrecer ao público asistente unha visión real e concreta da problemática dos mozos de hoxe en día.

- A adolescencia sempre foi unha etapa complexa e difícil de entender sobre todo para os adultos, pero parece que hoxe en día os mozos se vinculan máis aos problemas que en xeracións pasadas...

- Non é certo que os adolescentes sexan radicalmente distintos hoxe en día do que fomos nós hai uns anos. Ás veces, neste tema, xogan un papel importante os prexuizos cos que se tenden a xeralizar comportamentos. O certo é que todos os adolescentes pasan por unha crise de independencia, por un intento de buscar o seu sitio no mundo e iso sempre supón un certo “conflito” tanto cos pais como co entorno que os rodea.

- Dónde cre entón que radica a diferenza nas novas xeracións con respeto ás anteriores? por qué xorde agora este debate?

- A diferenza é que esa búsqueda da independencia se desenvolve hoxe en día cun certo “plus de perigosidade”. Existe un caldo de cultivo que non sempre é positivo. Os mozos téñeno todo e téñeno xa, o nivel de consumo é elevadísimo e están acostumados a conseguir as cousas sen esforzo ningún. Iso tampouco é acertado. Tan problemática é a extrema escasez como a extrema abundancia.

-E qué pode implicar esta “sobreabundancia” no seu comportamento futuro?

- Pois pode implicar que cando se lles esixen responsabilidades concretas estes non as asuman porque é demasiado tarde. Están acostumados a outra cousa. É importante educar dende sempre, tratar cos adolescentes dende moito antes que o sexa para evitar problemas no futuro.

- E qué papel xogan aquí os educadores: os pais e os docentes?

- Todos xogamos un papel fundamental porque nos estamos enfrontando a un problema complexo. Eu sempre utilizo unha frase do filósofo José Antonio Marino que define moi ben o que se debe facer: “Para educar a un rapaz é precisa unha tribu enteira”. É por iso polo que se deben trazar os eixos fundamentais para que o resultado sexa o mellor posible.

- Qué pensa vostede que está fallando entón nesa comunicación entre pais e docentes?

- O problema é que hai unha gran proporción de pais “pasivos” que chega un momento determinado que se desentenden dos rapaces, que non van ao colexio a falar cos profesores e iso non é positivo. Está claro que non se pode xeneralizar, que é un traballo de todos que debe mellorarse. Do mesmo xeito, temos que esforzarnos na consolidación dun pai “autoritativo” aquel que sabe dicir que sí, pero tamén que non cando é preciso decir que non a algo. E iso é un aspecto que non todos entenden e que debe ser pulido pouco a pouco.

- Ante estas perspectivas... cara donde camiñamos? Hai diante nosa un futuro tan desalentador?

- En absoluto. Non imos polo mellor camiño, pero tampouco hai que ser derrotistas. Temos que partir da base de que hai que concienciar aos mozos de que teñen os seus dereitos, pero tamén os seus deberes. Que a súa liberdade remata donde empeza a dos demais. Que hai que respetar, ter modais. Partindo deses eixos é dende donde debemos comezar a traballar. Non se pode permitir que os rapaces queiran ser maiores para unhas cousas e meniños para outras. O traballo por mellorar a situación é deles, pero tamén é nosa, dos pais e dos profesores.