|
|
|
HEMEROTECA » |
|
A. G. - VILANOVA En plena época de cogumelos, un ingrediente que enriquece calquera plato no que se empregue, os alumnos do Instituto Faro das Lúas de Vilanova de Arousa descubriron como distinguilas cun simple paseo polo monte. Nisto tiveron moito que ver unha serie de actividades que se desenvolveron durante toda a semana no centro e nas que se implicou a todos os alumnos, que foron desde unha exposición con exemplares recén recollidos, ata charlas, pasando por unha degustación daquelas especies comestibles.
Todo comezou ao descubrir como no xardín do instituto comezaban a medrar os fungos, o que levou á responsable do departamento de Bioloxía do centro a prantexar a posibilidade de artellar unha serie de actividades que axudasen aos alumnos a recoñecelas e a aprecialas.
Recolección
Incluidas como actividades da biblioteca alumnos e profesores, co asesoramento do departamento de Bioloxía comezaron a ampliar a mostra de cogumelos, chegando incluso a desprazarse rapaces de primeiro a cuarto da ESO ata monte Lobeira para recoller novas especies.
En total sumaron máis dunha trintena de especies diferentes nesta exposición, entre as que se poden atopar rúsulas, lepiotas, amanitas, linguas de gato ou cantarelos. Evidentemente, non todas estas especies son comestibles, incluso algunhas son moi perigosas para a saúde daquelas persoas que as consumen, por iso a exposición ten un fondo formativo, a de que os rapaces poidan distinguir perfectamente unhas das outras.
Ademáis de estar perfectamente identificadas na exposición, co seu nome científico, os alumnos tiveron a oportunidade de degustar aquelas especies máis saborosas durante unha das actividades desta semana.
O éxito acadado na iniciativa leva aos profesores do centro a valorar a posibilidade de celebralo o próximo ano, coincidindo coa época do ano na que a presencia dos fungos nos montes da comarca de O Salnés é máis abundante.
A afección polos cogumelos na comarca de O Salnés vén de vello. Un exemplo é o que acontece no veciño Concello de Vilagarcía de Arousa donde, desde hai varios anos se vén celebrando o Outono Micolóxico, organizado pola asociación A Cantarela. De feito, as actividades desenvolvidas por A Cantarela remataron o pasado día 22, despois dunha intensa semana onde os amantes da boa mesa e dos cogumelos escolleron a vila de Vilagarcía. Ademáis de conferencias sobre como distinguilos ou como aprecialos na boa mesa, aqueles que optaron por achegarse á Peixería de Vilagarcía tamén tiveron a oportunidade de degustalos o pasado día 15, no marco da XVIII Festa dos Cogumelos, onde houbo degustación de cogumelos con viño albariño, un concurso de cociña e unha exposición de cestas de outono.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||