Cambados acolle un dos actos editoriais do ano coa presentación da "Poesía completa" de Cabanillas

O PEN Clube celebra dende onte unhas xornadas adicadas ó poeta

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A.M. - CAMBADOS Entre 1948 e 1951 Ramón Cabanillas pasou longas tempadas no mosteiro de Samos. Durante esa época escribiu un poemario que vería a luz uns anos despois, a finais da década dos cincuenta. "A significación de Samos" foi a conferencia inicial dunhas xornadas sobre Cabanillas que se celebran dende onte en Cambados.
A ponencia correu a cargo de Carlos Bernández, que é colaborador habitual dos suplementos culturais de FARO. Na súa opinión, "Samos" é un poemario que reflicte "o ideal estético de Cabanillas e os que para el eran os valores da identidade galega profunda".
Ramón Cabanillas tiña fortes crenzas relixiosas, e o mosteiro de Samos foi para el como un refuxio, tanto individual como colectivo, ó entender que entre as pedras dos mosteiros medievais pervivían os sinais máis propios da cultura galega. A este respecto, lembra Bernández que a xénese de "Samos" se produce durante a etapa inicial do franquismo, que foi moi adversa para a cultura galega.
Despois da conferencia, houbo un recital poético e musical titulado "Cabanillas na voz dos poetas de hoxe". Interviron os escritores Silvia Penas, Elvira Riveiro, Miro Villar, Ramón Caride, Domingo Tabuyo e Luis González Tosar e o músico Kamo Petrosyan.
Estas xornadas comezaron onte pola tarde e rematan esta mañá. Estanse celebrando no Centro Comarcal do Salnés –situado no Paseo da Calzada– e organízaas o centro galego do PEN Club, que é unha das principais asociacións de escritores.
O programa de actos para hoxe inclúe a presentación dun dos libros máis importantes do ano, a "Poesía galega completa" de Ramón Cabanillas, que recompilou a editorial Xerais. A presentación da obra está prevista para as 11.30 horas.
Unha hora despois, Xosé María Dobarro, Xosé Ramón Pena e Luis Rei dan unha conferencia titulada "Actualidade da obra de Cabanillas". Estas xornadas están patrocinadas polo Ministerio de Cultura e a Dirección General del Libro, Bibliotecas y Archivos e a súa coordinación corre a cargo de Domingo Tabuyo e Ramón Caride.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
galería: darwin navega en el museo del mar

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009