Educar para medrar

Casaescola inaugura hoxe no IES Castro Alobre os seus tradicionais Encontros

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O colectivo vilagarciano "Casaescola" inicia hoxe a terceira edición dos seus tradicionais Encontros cos que, unha vez máis, se adentra no corazón da ensinanza para buscar fortalezas e debilidades. Sesións de lectura obrigada, encontros con autores galegos e conferencias acerca dos retos cos que se enfronta un adolescente no actual marco educativo son algúns dos temas base destas xornadas que xa son todo un referente na comarca do Salnés.

F.F. - VILAGARCÍA Adolescentes, educación e, sobre todo, moita literatura. Estes son os tres eixos fundamentais sobre os que xiran os tradicionais Encontros de Casaescola, unhas xornadas teórico prácticas desenvolvidas en colaboración cos centros educativos da capital arousana.
O programa de actividades arranca hoxe no salón de actos do instituto Castro Alobre a partir das oito da tarde cunha sesión especial do "Clube de Lectura" na que participará un dos autores galegos máis recoñecidos, Domingo Villar. Non é máis que un aperitivo literario perfecto para a xornada do próximo 30 de novembro na que a docente e formadora da Red Noria, Carmen Loureiro, ofrecerá unha charla no Auditorio municipal sobre a problemática dos adolescentes na sociedade actual e a responsabilidade que no seu comportamento pode ter a educación recibida nas aulas.
Será este, xunto coa literatura galega como telón de fondo, o fío condutor das sesións posteriores que pretenden buscar solucións tanto para os docentes como para os pais nunha problemática que preocupa por igual a todos os sectores da sociedade, tal e como indican dende Casaescola.
A axenda marcada polo colectivo vilagarciano continúa o 1 de decembro con unha sesión sobre "Poesía Necesaria" impartida polo escritor e docente, Antonio García Teijeiro no Auditorio. É este mesmo marco o elixido polos organizadores para clausurar uns Encontros que gozan de gran vigor dende que foron constituídos. A representante da editorial Kalandraka, Ana Abelenda, ofrecerá unha visión panorámica da importancia de consumir literatura dende o berce e, sobre todo, de qué tipo de autores son os máis aconsellables. Unha forma diferente de educar dende os libros e, sobre todo, de educar para medrar.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
galería: lo último en robots

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009