DEPORTE

Música de gaita, albariño, marisco e moito "youtube"

Unha Grande Chea celebrou con éxito o seu segundo encontro de confraternidade cibernético

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Os amantes das redes sociais e da canle
Os amantes das redes sociais e da canle "youtube" asistiron á xornada de confraternidade de Unha Grande Chea.  FDV

F.F. - CAMBADOS Cambados puido presumir onte de terse convertido na capital galega das novas tecnoloxías e das coñecidas e populares "redes sociais". Forofos do servidor "youtube" achegáronse ata a capital do albariño para celebrar a segunda edición do encontro de confraternidade promovido pola asociación deportiva e cultural Unha Grande Chea.
O programa de actividades cumpriuse segundo o previsto e tendo en conta que os participantes viñeron, sobre todo, con gañas de divertirse. Fefiñáns convertiuse no punto de encontro de afeccionados non só ao mundo web, senón tamén á boa gastronomía, ao albariño máis tradicional e á música da terra.
A choiva non impideu que os membros da expedición participasen durante boa parte da mañá nunha visita turística polos enclaves máis emblemáticos desde concello arousano. A excursión foi breve, pero intensa, e estivo seguida a continuación por unha visita ao Pazo de Ulloa e á bodega "A Capitana" donde degustaron un dos mellores caldos da comarca.
Non foi máis que un aperitivo perfecto para a recepción oficial que tivo lugar na Casa Consistorial e para un gran xantar de confraternidade que se trasladou durante boa parte da xornada ata as dependencias do restaurante "Os Pazos". Alí, como non podía ser doutra forma tendo en conta que Unha Grande Chea sempre leva aparellada a festa rachada, sonaron temas emblemáticos como o himno da asociación "Heite esmajare" ou pezas propias da terra galega.
A segunda edición desta gran xornada rematou a altas horas da madrugada coa promesa de convertirse nun referente en anos vindeiros para cibernautas de toda Galicia. Dende a organización destacaron a boa acollida deste encontro, pese ás malas condicións meteorolóxicas. O certo é que Unha Grande Chea é un dos colectivos da comarca do Salnés cunha implicación máis directa en espazos como "youtube" ou "myspace", as claves dun futuro para o esparcemento social e unha forma de dar a coñecer non só a función da propia asociación, senón tamén as riquezas de Cambados e de toda a terra que o rodea máis alá das fronteiras galegas e españolas.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes