A flor e nata da intelectualidade galega réndelle un tributo a Ramón Cabanillas

A Real Academia Galega celebra unha sesión plenaria extraordinaria en Cambados

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Aragunde e Barreiro falan ó pé da escultura de Cabanillas. // J.L.Oubiña
Aragunde e Barreiro falan ó pé da escultura de Cabanillas. // J.L.Oubiña 

A.M. - CAMBADOS Cambados foi posiblemente onte pola tarde a "capital cultural" de Galicia. A razón é que durante unhas horas concentráronse na vila arousana algúns dos escritores, filólogos ou historiadores máis destacados da comunidade. A Real Academia Galega (RAG) non quixo ser allea ás homenaxes a Ramón Cabanillas –falecido hai agora cincuenta anos– e onte celebrou en Cambados unha sesión plenaria extraordinaria, unha das poucas que fan fóra da súa sede estable.
O acto da Academia permitiu que o público escoitase as intervencións de destacados académicos, como os escritores Xosé Luis Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Víctor Freixanes ou Xosé Neira Vilas; a documentalista e creadora audiovisual Margarita Ledo Andión; o filólogo cambadés Francisco Fernández Rei; ou o historiador e presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro.
O acto da Academia foi variado. Así, houbo unha recepción na casa consistorial, que presidiu o alcalde de Cambados, Luis Aragunde; unha ofrenda floral e poética ante o monumento a Cabanillas do Paseo da Calzada; un cortexo cívico dende A Calzada ata o auditorio da Xuventude; recitado de poemas; lecturas de discursos; e música, a cargo de "Con de Xido" e de Xaquín Xesteira, que puxo o colofón ó acto coa interpretación do himno galego.
Na súa intervención, Luis Aragunde lembrou que a de onte foi a terceira visita da RAG a Cambados –a primeira fora en 1960, con motivo da inauguración do monumento da Calzada, e a segunda en 1976, ano en que se lle adicou o Día das Letras Galegas a Cabanillas–, e ensalzou do poeta cambadés "a súa rebeldía contra a inxustiza que supoñía o duro traballo sen recompensa" de moitas familias labregas e mariñeiras. Tamén o cualificou como "home íntegro, combativo, inquedo e humilde na súa querencia franciscana".
Tamén lembrou Aragunde que Cabanillas foi membro das Academias galega (desde 1920) e española (desde 1929) e volveu anunciar a edición dun libro cunha escolma de poemas do bardo de Fefiñáns que se distribuirá por todas as casas de Cambados, e que está ultimando Francisco Fernández Rei.
Doutra banda, os actos do Ano Cabanillas prosiguen hoxe ás 19 horas na Xuventude cun recital poético e teatral.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes