Espectáculos

O bosque máxico de Teatro Caracol

A compañía de Cambados comeza o traballo da súa obra deste curso escolar

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Caracol representou o curso pasado
Caracol representou o curso pasado "Wicked".  J.L.Oubiña

Unha bruxa enfeitiza a unha parella de panadeiros para que non poidan ter fillos. Para romper o maleficio, ambos terán que penetrar nun bosque e superar unha serie de probas. No seu camiño atoparán a personaxes dos contos populares centroeuropeos, como a Carrapuchiña Vermella ou a Cincenta. Este é o punto de partida de "Dentro do bosque", unha opereta de Stephen Sondheim que este curso versiona Teatro Caracol. A compañía empezou estos días o traballo e abriu o prazo para que os colexios e institutos do Salnés reserven praza para as funcións de abril.

ANXO MARTÍNEZ - CAMBADOS A compañía Teatro Caracol vén de iniciar o traballo para o seu espectáculo deste curso 2009 –10. Desta volta, o grupo escolleu a obra "Dentro do bosque", escrita a finais dos anos setenta polo norteamericano Stephen Sondheim.
A directora de Caracol, Olga González, explica que se trata dunha opereta que obtivo un premio Tony –os Óscar dos musicais– nos anos oitenta, e que "parte dos contos populares dos irmáns Grimm para falar dun xeito irónico dos comportamentos dos adultos respecto ós desexos de cada un".
A peza que porá en escena Teatro Caracol é unha versión especialmente pensada para os nenos da obra de Sondheim, elaborada pola propia González.
A trama arrinca con dous personaxes, unha parella de panadeiros que non teñen fillos por culpa do feitizo dunha bruxa. "Para romper o maleficio –conta Olga González– teñen que adentrarse nun bosque, no que coñecerán ós demais personaxes", entre os cales se atopan a Carrapuchiña Vermella ou a Cincenta. A medida que avanza a acción, os panadeiros decátanse de que o cumprimento dos desexos sempre ten consecuencias, e que a veces non son positivas.
A directora da veterana compañía de teatro de Cambados explica que "Dentro do bosque" aborda "o que pasa despois do foron felices e comeron perdices", e que amosa que en ocasións "os príncipes azuis dos contos destiñen".
Como todos os anos, Caracol está traballando no salón de actos do instituto cambadés Francisco Asorey, que é tamén onde realizan as representacións para o público escolar. O pasado ano case unha vintena de colexios e de institutos da zona –a maioría do Salnés– puideron ver a obra de Caracol, e este ano xa está aberto o prazo para que os centros educativos se poñan en contacto con Olga Costa para reservar praza nas funcións, que serán en abril de 2010.
Como todos os anos, o espectáculo de Teatro Caracol combina música e coreografías de baile con teatro de actor e moito humor. O autor escollido nesta ocasión, Stephen Sondheim, é tamén o autor da música dunha das películas máis coñecidas de Tim Burton, "Sweeney Todd: o barbeiro diabólico", e en 1990 gañou o Óscar á mellor canción orixinal pola de "Dick Tracy".
Caracol é unha compañía creada hai xa 17 anos por un grupo de pais de alumnos de Cambados como homenaxe ós seus fillos. Este ano subirán ó escenario 18 actores.

COMPARTIR
 
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas