ÚLTIMA HORA

A plataforma "Queremos Galego" nace para a defensa da normalización da lingua

A delegación do Salnés fai un chamamento aos colectivos para que sumen esforzos na defensa do idioma

 

M.G. - VILAGARCÍA As últimas actuacións do goberno da Xunta de Galicia no eido do uso de galego constitúen unha ameaza de recorte de dereitos lingüísticos que os colectivos defensores da nosa lingua non están dispostos a perder. En resposta a esta situación, varias organizacións constituíron a Plataforma Cidadá "Queremos Galego", que xa ten membros en O Salnés.

Os representantes de "Queremos Galego" na comarca, Xabier Rodríguez, Xaquín Charlín, Ramón Conde Bouzón e Xabier Ríos, presentaron onte no Auditorio de Vilagarcía as bases deste colectivo e animaron ás asociacións e particulares a implicarse na iniciativa.

A Plataforma "Queremos Galego" nace coa pretensión de unir persoas e entidades da máis diversa natureza, cos seguintes principios básicos: a lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala; a normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo; e os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por outros tamén asinados por todos", explicaron onte os directivos.

Lembraron que o consenso para a lingua galega está fixado no plan xeral de normalización da lingua aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2004, así como na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Para a súa maior operatividade, a Plataforma dótase dunha estructura organizativa en dous niveis: nacional e comarcal. En ambos casos existe un plenario, do que forman parte con dereito de voz e voto todas as entidades adheridas, e unha comisión xestora de carácter máis executivo.

Nesta Plataforma participan a Mesa pola Normalización Lingüística, o sindicato CIG, o BNG, Esquerda Unida, o Sindicato Labrego Galego, Galiza Nova, ADG a Coordenadora de Equipas de Normalización e a Fundación Castelao, entre outros. "Non somos unha entidade sectaria, estamos abertos a todos os colectivos que defendan a nosa lingua", indicaron.

A plataforma "Queremos Galego" márcase dous obxectivos de traballo inmediatos. Un deles é manter na sociedade a tensión mobilizadora como necesaria resposta á regresiva política que o actual goberno da Xunta está a aplicar no ámbito da lingua ou da cultura. Por iso convoca unha manifestación nacional en Santiago de Compostela o día 18 de outubro ás 12 da mañá.

Tamén impulsa unha iniciativa lexislativa popular como garantía para o respecto dos dereitos lingüísticos dos galegos e para os usos públicos do galego por parte da Administración.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya