Jorge María López - Presidente da xestora socialista de Vilanova

"O PSOE vilanovés debe volver ser unha alternativa de goberno"

"O Partido debe renovar caras, persoas e ideas"

 01:21  
Jorge María López.  // Iñaki Abella
Jorge María López. // Iñaki Abella 

A. G. - VILANOVA Jorge María López é o presidente da xestora do Partido Socialista en Vilanova, unha responsabilidade que non lle é descoñecida, xa que exerceu noutra etapa como secretario de organización local da formación. Vilagarciano de nacemento, aínda que vilanovés de adopción, a súa primeira aparición pública vai ter lugar no próximo congreso provincial, despois de que a asamblea local o designase como o seu representante neste eido frente á outra opción que se presentou.

–Coller as rendas do Partido en Vilanova debe ser todo un reto.

–Nestes momentos é un reto complicado, pero tamén ilusionante, porque Vilanova é un Concello que necesita un goberno de progreso como o que lle pode dar o Partido Socialista. O noso obxectivo é tratar de fortalecer o PSOE para convertirnos nunha alternativa seria de goberno á hexemonía que amosou o PP nos últimos anos.

–Vostede xa é un vello coñecido no Partido aínda que se atopaba un pouco ao marxe ¿Que o levou a regresar?

–Ben é certo que a política tróuxome máis dun disgusto, pero considero que o partido necesita unha renovación de caras, de persoas, de ideas; unha política cunha clara visión de poder alcanzar o goberno en Vilanova. Somos conscientes de que vai ser unha tarefa difícil, pero levando a educación como bandeira, prendendo a chama do PSOE.

–O Partido non atravesa polos seus mellores momentos en Vilanova ¿Como se vai articular a partires de agora?

–Formo parte dunha xestora na que están dous compañeiros exemplares, como son o concelleiro Manuel Álvarez Eirea e Benito Diz. O obxectivo que nos fixou o Partido é articular unha executiva local antes do 30 de novembro. Cremos que é pouco prazo, pero imos tratar de cumprilo exercitando un importante traballo de renovación, que pode afectar incluso aos candidatos que presentemos ás próximas elección municipais.

–¿Vaise contar co actual grupo municipal?

–A idea da xestora é que todos camiñemos nun único sentido: tratando de ser máis fortes para conseguir o obxectivo prioritario de que a xente vislumbre que somos unha alternativa de goberno dentro de dous anos. Nese camiño queremos fortalecer a formación.

–Sen embargo, Vilanova é unha das prazas fortes do Partido Popular en O Salnés

–É certo, pero a nosa obriga é cambiar esa situación. De feito, o Partido Popular de Vilanova está a atravesar por malos momentos, cunha división interna importante, algo que, co paso do tempo, poden acabar pagando. A nosa obriga é crear ilusión na xente para acabar canto antes con esa hexemonía de catorce anos. Desde a executiva entendemos que, de vez en cando, é convinte ventilar as institucións e os modos, e o Concello de Vilanova é un claro exemplo desa necesidade.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya