REDACCIÓN - VALGA
Tratar de evitar a perda das tradicións e dalas a coñecer entre os máis novos é un dos obxectivos da actividade que se desenvolveu onte en Valga, onde, un ano máis se volveu a representar a sega do trigo nunha leira de O Pradiño.
Maiores e novos coincidieron nun acto que comezou ben cedo, xa que sobre as 10 horas a comitiva saía do edificio multiusos de Valga para dirixirse á finca na que se sementou o trigo para a sega.
Unha vez alí, os participantes distribuíronse en varios grupos, encargándose uns da sega propiamente dita, con fouces e gadañas, mentre outros confeccionaban os monllos de palla, e o resto se adicaba a limpar estes feixes de malas herbas.
Tanto maiores como nenos desfrutaron dunha actividade que trata de ser un encontro interxeracional no que os máis pequenos poidan descubrir unha das actividades máis importantes que se celebraba nos campos do municipio. Así, usuarios do centro de día e escolares dos colexios Xesús Ferro Couselo e Baño pasaron un día diferente na sega.
Este ano, a principal novidade foi a participación na sega de varios integrantes da asociación Asmivalu, adicada á atención de discapacitados na comarca do Ullán. Ademáis, tamén participou un grupo de pandereteiras.
O seguinte encontro interxeracional terá lugar en breve, cando se proceda á malla do trigo, outro evento co que se pretende manter viva unha tradición que prácticamente se atopa desaparecida desde hai máis de vinte anos, coa chegada das novas tecnoloxías.