Unhas 300 persoas acuden á concentración en defensa do galego celebrada en Cambados

Nenos e mozos leron textos de autores como Manuel María, Ramón Cabanillas ou Sechu Sende centrados no valor da lingua

 23:31  
A concentración celebrouse no Paseo da Calzada.  // Iñaki Abella
A concentración celebrouse no Paseo da Calzada. // Iñaki Abella 

A.M. - CAMBADOS Unhas 300 persoas acudiron á concentración convocada para onte en Cambados por diversos colectivos en defensa da lingua galega no ensino. O acto celebrouse no Paseo da Calzada e comezou coa lectura dun manifesto por parte duns pais do colexio de educación infantil da Pastora, en Cambados.
Posteriormente, alumnos de diversos centros e de idades leron relatos e poemas sobre a lingua galega, de autores como Sechu Sende, Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, Manuel María ou Ramón Cabanillas. A concentración rematou coa intervención dunha profesora do colectivo Casa Escola e coa música do grupo de gaitas "Ventiños", da parroquia de Oubiña.
Esta concentración en Cambados foi secundada por diferentes asociacións de pais de alumnos de colexios e institutos de todo O Salnés, por asociación de mestres como Candea, polos sindicatos de docentes e polos equipos de normalización lingüística.
As propostas
Co acto de onte, os representantes do mundo do ensino quixeron amosar o seu desacordo coa enquisa sobre as linguas que a Xunta de Galicia vén de enviarlle ós pais de alumnos dos colexios galegos. Entenden que se trata dunha enquisa sen rigor científico nin estatístico, que pode ser doadamente manipulada, e que ademáis e discriminatoria co galego.
A directora do colexio da Pastora, Marina Tourís foi unha das organizadoras da concentración, e manifestaba onte que "o que queremos os centros é que convivan as dúas linguas, e que os nenos adquiran competencia lingüística polo menos en galego e en castelán".
A directora do colexio cambadés opina tamén que "é triste o que está pasando, e que se cuestione una cousa que é de todos os galegos". Os profesores, pais e alumnos concentrados onte pola tarde na Calzada despregaron tamén pancartas con lemas como "Polo dereito a aprender en galego".
Doutra banda, Marina Tourís amosouse moi doída coa actual Xunta de Galicia, xa que na Pastora levan tres anos cun Programa de Inmersión Lingüística no que participaron máis de 40 centros de toda a comunidade, 23 dos cales eran públicos "e nin sequera se dirixiron a nós para preguntarnos se funcionara o programa ou non".

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya