J.F. - VILAGARCÍA
Lume e fume ata que pican os ollos, sardiñas ata encher o bandullo e viño e cervexa ata que o corpo aguante. A noite de San Xoán volveu a ser a fórmula perfecta para pasar a noite sen durmir e un boa excusa para alongar hoxe as caras de cansancio nas oficinas.O Salnés volveu a encherse das tradicionales cachadas que, lonxe das praias na maioría dos casos, volveron a dar a benvida o verán.
Foi Vilagarcía un dos poucos municipios que apostou por deixar as boas prácticas de lado e recuperar a praia para a celebración das fogueiras, para felicidade dos arousanos, que acudiron en masa ó arenal da Concha. O Concello tiña en mente recuperar, de forma institucional, unha festa que no popular nunca se perdeu, e parece que o conseguiron. A música retumbou polas rúas dende as oito da tarde e o lume tomou o relevo pouco despois.
A festa comezou xa pola mañá no mercado, onde os máis rezagados acudiron a mercar uns cantos kilos sardiñas (que chegou incluso ata os 12 euros nos casos máis careiros, quedando noutros postos entre os 6 e os 10 por kilo) e un bó anaco de pan de millo. Para os que o peixe non é prato de agrado, o churrasco foi o sustituto máis elixido, xunto coas tradicionales empanadas.
Xa coas despensas ben cheas e as cousas vellas xunto a madeira listas para quemar, os vilagarciáns esperaron ata a última hora da tarde para comezar, pouco a pouco, coa festa. As oito da tarde, cos primeiros sons dos animadores que se atopaban pola rúa, os rapaces comezaron a celebrar esta noite máxica. Pero non foi ata unha hora despóis cando comezou o verdadeiro espectáculo nun escenario diferente, o da Baldosa.
Zancudos, meigas e malabares compartiron escenario cos gaiteiros e os ritmos da batucada. Animada banda sonora para un vistoso espectáculo de luz e lume que terminou, como non podía ser doutro xeito, cos lumes artificiais. A asociación de hosteleiros, Ahituvi, engalanou pola súa parte o centro da cidade con varias decenes de antorchas.
A festa foi movéndose, coa caída do sol, ata o último e principal escenario, a praia da Concha. De novo os zancudos e demáis familia tomaron a area dende as dez da noite, mentres o Concello e Zona Aberta preparaban a cachada principal da festa e o lume para facer as sardiñas. Pouco despois comezaron a repartir o preciado peixe –coa súa ración de pan e viño correspondente– de forma gratuita entre os asistentes, ata que se remataron os 100 kilos que mercaron dende a asociación de comerciantes de Vilagarcía.
Poucos minutos antes das doce da noite, simbolizando a noite máis curta do ano, prendeuse lume nas cachadas. Cos sete saltos de rigor buscando a sorte para o que queda do ano, a festa continuou ata ben entrada a madrugada, axudada pola música dos anos oitenta que puxeron a sonar dende os bares Plan B e Villa Aurora.
Pero non foi só Vilagarcía a que acaparou a atención dos efectivos de emerxencia, pendentes toda a noite do lume, se non que a festa espallouse por toda a bisbarra do Salnés. Vilanova volveu facer efectiva a súa prohibición na zona do Terrón –punto de encontro tradicional–, pero concedeu licencias para moitros outros puntos do municipio.
A Illa sí que fixo gala da súa tradición, e case tódalas praias contaron co seu lume particular. As máis concurridas, un ano máis, as do chiringo de Lavanqueira e a de Espiñeiro, ademais de moitas outras que encheron ata o casco urbano da localidade. As praias de Bandeira Azul e máis o Parque Natural do Carreirón viron, como é normal, todo de lonxe, mentres todos os seus veciños saían as rúas cheas de fume dende a medianoite.
Outros municipios como Cambados, Ribadumia ou Meis contan con menos tradición de lume e de San Xoán, e só algúns particulares solicitaron nos seus respectivos concellos as autorizacións obligatorias para facer lume. Ainda así, por exemplo en Cambados solicitáronse 54 permisos.
Si que volveu a arder O Grove, outro dos puntos de encontro tradicionais dos seareiros das cachadas. O primero punto de encontro dentro do propio casco urbano foi a praza de Arriba, onde a festa comezou as nove da noite coa sardiñada de rigor. Despois, tódolos bares e establecementos da zona continuaron coa música e o bó xantar ata que chegou a hora de facer o lume.
A rúa Pratería, pola súa banda, volveu a ser un dos puntos máis concorridos da localidade meca que deu inicio a festa coa actuación do Dúo La Noche. No parque da Graña, a asociación de veciños As Besadas organizou, por quinto ano consecutivo, a xuntanza de San Xoán. As sardiñas, a empanada e o viño tornáronse os protagonistas dunha festa na que non faltaron os xogos populares e a música tradicional.
Xa por último, no campo da festa de San Vicente, a asociación cultural Con Negro preparou a súa noite máxica particular para que os da outra parroquia, a de San Martiño non se levasen todo o protagonismo da noite. Por 10 euros os asistentes puideron desfrutar de churrasco, sadriñas, pan e viño e incluso una queimada con conxuro incluido.
E sen máis sobresaltos terminou unha nova edición da Festa de San Xoán. Pola mañá, o único que queda é o cheiro a fume na roupa, a lixeira (ou non) resaca e a auga que leva 24 horas con flores e plantas aromáticas e coa que hoxe máis de un se tivo que lavar a cara dúas veces.
As sardiñas baixarán xa de prezo e o verán toma o relevo coas forzas renovadas que colleu das fogueiras. Os que tiveran saltado 7 veces o lume probablemente o pasen mellor que os que non o fixeron, pero a maioría só está a pensar xa na longa ringleira de festas que se achega cos meses de calor.