As dornas regresan á competición

A regata "Fasquía" en A Illa é a primeira da tempada e inclúese na Copa Galicia

 23:02  
Unha imaxe da regata "Fasquía" celebrada o ano pasado.  // Iñaki Abella
Unha imaxe da regata "Fasquía" celebrada o ano pasado. // Iñaki Abella 

As velas de relinga comezaron a navegar de maneira oficial o pasado 17 de maio, pero o primeiro evento da tempada non vai ter lugar ata o día 6 de xuño, data na que se celebra a quinta edición da regata "Fasquía". Esta é a primeira dunha serie de eventos onde, ademais da competición propiamente dita, o que se ofrece é o espectáculo dunha navegación tradicional que estivo a punto de desaparecer e que hoxe está plenamente recuperada.

A. G. - A ILLA Perto de corenta embarcacións son as que van a participar na regata "Fasquía", o próximo 6 de xuño en A Illa de Arousa, proba que se inclúe dentro da Copa Galicia de dornas xunto a outras tres probas: a dos faros de O Grove, a de O Bao en A Illa e a do Albariño en Cambados. A maior parte destas corenta embarcacións son da ría de Arousa, aínda que, dependendo das condicións meteorolóxicas está prevista unha importante participación foránea.

Uxía Allo, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Dorna, e Santiago Mougán, presidente da Asociación Fasquía, presentaron onte esta regata que parte do peirao de O Xufre para dar dúas voltas a un percorrido de catro millas náuticas.

Mougán destacou na presentación do trofeo a gran cantidade de eventos destas características que se prevén para todo este verán, a maior parte deles surxidos na última década, o que amosa o grado de recuperación co que conta a dorna, un dos elementos máis importantes do patrimonio marítimo galego. Por encima de todas elas atópase a Volta A Illa, a primeira das regatas destas características que se celebrou.

Ademáis da regata, a asociación Fasquía tamén fixo balance da botadura da dorna de tope "Lavanqueira", unha embarcación de sete metros de eslora que forma parte do proxecto "Desafío a Tope" co que se pretende recuperar esta tipoloxía de embarcación, contando para iso co apoio financieiro da Deputación Provincial de Pontevedra. A "Lavanqueira" foi a segunda embarcación destas características que se botou ao mar, despois de "Peza de Rabo", pertencente á Asociación Cultural e Deportiva Dorna de A Illa. Non serán as únicas, xa que o proxecto contempla a construcción de varias dornas de tope máis co obxectivo de crear competicións entre os diferentes portos, como ocurría antiguamente cando regresaban a porto coas capturas.

Outro dos puntos que se abordou na presentación da regata Fasquía foi a celebración do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais que se vai celebrar en Muros este mesmo ano, concretamente, nos primeiros días de xullo. Muros competíu con Vilagarcía por ser a sede dun evento que, en cada edición, se convirte nun fenómeno social e de masas, xa que miles de personas acuden a ver os barcos e a navegación.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya