Un Cambados cheo de actos

Entre o Concello e os libreiros organizaron unha semana de intensa actividade

 23:07  
Público asistente á primeira xornada da mostra de teatro escolar de Cambados.  // Iñaki Abella
Público asistente á primeira xornada da mostra de teatro escolar de Cambados. // Iñaki Abella 

Cambados prepárase para catro días cheos de actividade, nos que hai teatro, recitais poéticos, concertos, e unha homenaxe a Fernández Rei que seguro será multitudinaria. Actos adoviados con lemas escolares como "galego falado, galego salvado" ou "Poñamos punto é seguido á nosa lingua".

A.M. - CAMBADOS Como vén sendo habitual, a programación das Letras Galegas de Cambados iniciouse onte coa mostra de teatro escolar. Onte subiron ó escenario da Xuventude os escolares do colexio San Tomé, que representaron "Na neve. Un conto da rata Luisa", e o cadro de declamación do instituto Ramón Cabanillas, que puxo en escena "Rosas para Cabanillas", un recital poético acompañado de piano.

A mostra de teatro sigue esta tarde –a partir das 18 horas– coa actuación dos colexios Enrique Barreiro de Vilariño e o Antonio Magariños. Os alumnos deste centro representan "A man de Santiña", unha peza orixinal de Ramón Cabanillas.

A programación do Concello de Cambados para as Letras Galegas complétase coa tradicional ofrenda floral e poética na escultura que hai no Paseo da Calzada na honra de Cabanillas –mañá vernes, ás 12.45 horas–, e cun concerto de María do Ceo, que actúa o domingo no auditorio da Xuventude. Tamén se van colocar na Calzada os grandes paneis con traballos escolares sobre Cabanillas e o autor homenaxeado este ano o 17 de maio, Ramón Piñeiro. Finalmente, queda pendente de confirmar a data e hora do concerto da Banda de Música de Castrelo.

Pero no caso de Cambados tamén é salientable a actividade que desenvolven os libreiros con motivo das Letras Galegas. Neste sentido, celebran unha feira do libro o domingo pola mañá; e o sábado concédenlle ó académico cambadés Francisco Fernández Rei o premio Ramón Cabanillas, que chega este ano á súa sexta edición.

Trátase dun evento que vai ser moi especial, pois haberá recitado de poemas co cambadés Xosé María Ribadomar, a proxección dun audiovisual elaborado por Chourizo Films, que é unha versión libre dun poema de Cabanillas e un concerto de música organizado por Unha Grande Chea. O acto termina cunha cea con Fernández Rei na "Traíña".

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya