EN DIRECTO

Fieis ós mandatos do fanzine

O "Despregable" cumpre 20 números, pero os seus autores non queren nin oír falar de "profesionalización"

 
Algúns dos autores do ´Despregable´ no Rif-Rock, un dos locais máis activos de Cambados.
Algúns dos autores do ´Despregable´ no Rif-Rock, un dos locais máis activos de Cambados.  Iñaki Abella

O Despregable é unha desas aventuras culturais que adoitan ter unha escasa repercusión mediática porque van dirixidas a un público máis ben minoritario e carecen do respaldo institucional, e que sen embargo teñen unha gran importancia porque lle dan voz a artistas e afeccionados á música, o cine ou as artes plásticas que doutro modo non poderían divulgar o seu traballo. O fanzine -que non revista- vén de cumplir catro anos e vinte números. Un fito de supervivencia para este tipo de publicacións co que nin sequera os seus fundadores contaban.

ANXO MARTÍNEZ - CAMBADOS

O Despregable é o fanzine máis popular de todo O Salnés. Hai pouco cumpriu catro anos de vida e alcanzou o número vinte. Un dos seus pais, Ramón Falcón, confesa que nin sequera eles imaxinaban chegar tan lonxe. “Non, que va, para nada. Cando empezamos contabamos con pasalo ben ese ano e nada máis”. O nome venlle porque o número cero desta publicación era unha folla pregada tamaño saba. Corría o mes de febreiro de 2005, e Falcón, Cristina Paz-Salgado e Juan Rey iniciaban, sen sabelo, unha aventura que tempo despois implicaría a moitas máis persoas.

O Despregable evolucionou moito. Do número cero editáranse 150 exemplares; e na actualidade imprímense entre 500 e 600. En canto adoptou o formato revista fíxoo con 32 páxinas, e agora ten entre 50 e 58. Tamén se percibe unha evolución no deseño e a maquetación, que se fixo algo máis homoxénea. E de ser unha publicación que a penas circulaba por uns poucos pubs de Cambados e Santiago de Compostela, pasou a estar á venda mesmo na tenda do Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona.

Sen embargo, Ramón Falcón sinala que o Despregable sigue sendo un fanzine, e que a profesionalización e conversión en revista é algo que nin sequera se lles pasa pola cabeza. “A pesar de que ten unha periodicidade máis ou menos fixa (trimestral) é un fanzine pola forma de facelo e porque todo o que sacamos das vendas vai para el e para outras actividades culturais. Todos os que traballamos nel o facemos por amor ó arte”.

A columna vertebral da publicación síguena integrando Ramón Falcón, Cristina Pérez-Salgado e Juan Rey, os tres fundadores da asociación Embaixada Prusiana. Pero ó longo do tempo o Despregable foise enriquecendo coa aportación doutros colaboradores, máis ou menos habituais, como Ramón Freijeiro, que fai críticas de cómics; Miguel Moldes e Jorge López, que escriben sobre concertos e discos; ou DavidA, que é o autor da sección “La Cara B”.

A música, as artes plásticas, o cine e a fotografía son os temas máis habituais nas páxinas do fanzine, nas que tamén se pode atopar algo de banda deseñada ou de literatura. Reportaxes, críticas e entrevistas... Ó longo dunha andaina que dura xa catro anos sempre quedan algúns traballos máis presentes na memoria, por un ou outro motivo, e Ramón Falcón salienta a modo de exemplo os artigos aparecidos sobre Isi Vaamonde, Triángulo de Amor Bizarro, os Phantom Keys ou Paco Charlín. Os vinte números celebráronse con traballos sobre Rubén Arenaz, Javi Camino, Antonio Vega, os proxectos Mourente e Edición, Yuri Gagarin Trio ou a sala Boogaloo. Nas próximas semanas sae o 21.

A esencia, pasalo ben

Unha revista é unha actividade profesional, e agárdase que sexa lucrativa. Por iso, ten unha compoñente de obriga e responsabilidade que os autores do Despregable non queren para si. Insisten en que a publicación sigue fiel ás normas básicas do fanzine. “Para nós sigue sendo un divertimento, e cando deixe de selo párase e punto”.

Por iso, entenden que a profesionalización iría en contra dese espírito lúdico, alleo a agobios e ás frías cifras dos balances contables (aínda que non ocultan que loxicamente hai uns gastos de impresión e que “non nos podemos chalar” á hora de organizar cada número). O Despregable é xa unha referencia do underground arousano; unha publicación que siguen os afeccionados á música e o arte, e tamén os creadores que dan os seus primeiros pasos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya