EN DIRECTO

O Eliseo volve a navegar

O galeón está a ser recuperado en asteleiros de Arousa

 
O "Eliseo" atópase en Cambados á espera de ser arbolado.
O "Eliseo" atópase en Cambados á espera de ser arbolado.  J.L.Oubiña

Os galeóns galegos poboaron as rías durante séculos, servindo como os principais barcos de carga entre os diferentes portos. A modernización da flota estivo a punto de rematar con eles, acabando, no mellor dos casos, como auxiliares de batea. Este é o caso do "Eliseo", un galeón que a asociación Sueste de Moaña está recuperando en asteleiros da ría de Arousa e que, en breve, volverá a surcar as rías galegas, pero desta vez como exemplo do rico patrimonio galego. Unha mostra máis do esforzo que realizan centos de personas ligadas ás tradicións fluviais e mariñeiras.

A. G. - AROUSA Estaban a punto de desaparecer das nosas rías. A maior parte dos que quedaban servían como auxiliares de batea, aínda que tiñan os días contados e o seu destino era o desguace ou apodrecer nunha praia. Son os galeóns, un dos barcos con maior porte de cantos surcaron as rías galegas, diseñado especialmente para o transporte de mercadorías.

O primeiro paso na recuperación deste tipo de embarcacións dérono as asociacións Grupo etnográfico Mascato de Cambados e Rabandeira de Vilanova, que rehabilitaron o “Novo Sofía” e abriron a porta para salvar o “Eliseo” ao recomendar á asociación Sueste de Moaña que apostase pola súa recuperación.

A historia do galeón remóntase a 1908, cando se construíu nun dos asteleiros de O Freixo de Noia. Durante os seus primeiros anos de vida adicouse á compra de sardiñas a flote, transporte de barro e toros de leña entre os diversos portos da ría de Arousa. En 1972 cambiou de mans, tendo o seu porto base en Corón, no Concello de Vilanova de Arousa, permanecendo alí ata que en 1984, volveu a cambiar de mans para transformarse en barco bateeiro.

Pese a este cambio, o “Eliseo” manteu o casco coas características principais dun galeón, aínda que se lle instalou unha ponte e un guindastre que se mantiveron ata o 2005.

Nese ano, a asociación coñece da existencia do galeón, unha embarcación que desapareceu da comarca do Morrazo e interésase pola súa recuperación, convencendo ao propietario para que o vendese, despois de que un coñecido constructor de embarcacións de madeira recoñecese o seu bo estado de conservación.

As principais actuacións centráronse na cuberta, para o que se logrou financiación da Deputación Provincial e dos propios socios do colectivo de Moaña. Agora, o Eliseo permanece no porto de San Tomé de Cambados, agardando o momento en que lle toque pasar polo carpinteiro para armar a arboladura e que se rematen os traballos de confección da vela para saír a navegar.

Aínda non existe data para a botadura oficial, pero esta vaise realizar no peirao de Moaña. O barco ten 11,50 metros de eslora, 3,75 de manga e1,10 de puntal mentres que se sitúa moi perto das oito toneladas.

O destino do “Eliseo”, tal e como sinala o proxecto de Sueste, pasa por convertirse en exemplo do patrimonio marítimo galego con singraduras pola ría ou como escola de navegación tradicional, no que poderán navegar colexiais da comarca do Morrazo e doutros lugares para coñecer como eran as condicións e a vida dos mariñeiros que navegaban neste tipo de embarcacións.

Máis galeóns

Desde hai pouco máis dun ano, a tendencia dos colectivos que forman a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial cambiou. Desde que comezaron coa súa actividade de tratar de rescatar da súa desaparición o patrimonio etnográfico marítimo, os esforzos centráranse en evitar a desaparición das dornas de tope. Isto xa se conseguíu, polo que agora as miras están nos barcos de maior porte, como é o caso dos galeóns.

O caso do Eliseu non é único. Nestes momentos están nos asteleiros tres galeóns en recuperación e outro en nova construcción.

A Illa lévase a palma en recuperacións, xa que nese concello terán o seu porto base o “Avelino e Manuel”, “Komaira” e o “Rey do Mar”, mentres Carril está apostando polo Illa de Cortegada, un galeón completamente novo que ven a darlle a Vilagarcía o peso que debería ter dentro das embarcacións tradicionais. Ademáis destes galeóns, en breve, tamén se botará a dorna de tope “Lavanqueira” en A Illa.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya