Moreira Casal levou o título de “médico dos pobres” ata o final. Recordaba a súa filla non hai moito que xusto un día o seu pai recibiu, xa moi enfermo, a un neno que sufría ataques. Explicoulles os seus pais o tratamento que tiñan que darlle e, pouco despois, morreu no seu fogar vilagarciano. Levaba na mediciña os mesmos ideais que o converteron nun dos persoeiros máis destacados da reforma da sociedade vilagarciana, durante a II República e os anos que a precederon.

A súa historia non é máis que unha desas moitas que se esqueceron durante anos e que hoxe, gracias á labor duns poucos, están ocupando o espacio que se lles reservou nos libros de texto. A vida de Moreira Casal é un dos fíos conductores que percorre a exposición “Xente Nosa. Vilagarcía nos anos 30” que estará no primeiro andar do Auditorio ata o vindeiro 30 de abril.

A mostra foi inaugurada onte, pero ten hoxe, no 78 aniversario da proclamación da II República en España, o seu inicio máis significativo. O segundo fío argumental da exposición é a vida de Matilde Vázquez, unha cantante vilagarciana -aínda que naceu en Cambados por casualidade- que chegou a triunfar na escena nacional. “Doña Francisquita” foi a película que máis fama lle deu, e na mostra que organiza o Arquivo Social da Memoria, pode verse un anaco.

O comisario da exposición, Antonio Couceiro, leva meses traballando neste proxecto, do cal dixo que “sería imposible sen a colaboración de todos os amigos e familias que nos deixaron o material que gardaban dos seus pais”. Couceiro foi o encargado de inaugurar a mostra onte no Auditorio xunto coa alcaldesa, Dolores García, o concelleiro de Cultura, Castro Ratón, as ediles Susana Camiño e Dolores Couso, e o voceiro de Esquerda Unida Juan Fajardo.

A mostra consta de 18 paneis gráficos que recollen diferentes facetas do día a día vilagarcián nos anos 30. Moreira e Váquez ocupan 3 carteis cada un, e o resto son para a emigración, a inauguración do parque praia da Compostela, Manuel Barreiro, Rosina Villaverde e outros poucos retratos máis dos cidadáns máis destacados.

Pero o máis importante da exposición son a grande cantidade de obxetos persoais e de traballo da época, como o material médico de Moreira ou os discos de Matilde Vázquez. Ademáis, tamén xoga un papel destacado a tecnoloxía audiovisual, que mostra unha serie de documentais sobre a Vilagarcía da II República.

De forma paralela, proxéctanse no Auditorio catro películas dentro dun ciclo audiovisual. Comezou onte con “Esta noite, velada” e segue con “Traballadores do contrabando”, “Flores tristes” e “Memorial de Camposancos”.