Teatro Caracol recrea as personaxes do "Mago de Oz" no seu último espectáculo

"A Bruxa do Oeste" estréase para o público infantil o 20 de abril, e haberá catro funcións para os adultos, o día 26 do mesmo mes e o 1 de maio

 
Teatro Caracol estrea este ano un espectáculo con 32 actores. Os ensaios son como sempre no instituto Asorey
Teatro Caracol estrea este ano un espectáculo con 32 actores. Os ensaios son como sempre no instituto Asorey Iñaki Abella

ANXO MARTÍNEZ - CAMBADOS Xa queda pouco. A compañía Teatro Caracol ultima estos días os ensaios para o estreo do seu espectáculo deste ano, “A Bruxa do Oeste”.Un total de 32 actores –dos trece anos en diante– subiranse ó escenario para dar vida á adaptación dun exitoso musical de Brodway, que é á súa vez unha versión da novela “Wicked. A verdadeira historia dunha bruxa mala”, do estadounidense Gregory Maguire.

A directora de Caracol e responsable da adaptación, Olga González, explica que “A Bruxa do Oeste” é unha obra sobre o enganosas que poden resultar a miúdo as apariencias e sobre as manipulacións do poder. E é que a Bruxa do Oeste é unha das personaxes centrais do Mago de Oz, e nesa obra ten connotacións negativas.

Sen embargo, no seu libro Maguire plantexa que en realidade a bruxa era unha boa persoa, pero que quedou “estigmatizada” ó intentar opoñerse á tiranía do Mago de Oz. Por iso, neste próximo espectáculo de Teatro Caracol, o público poderá coñecer o pasado e o por que de varias das personaxes desta mítica historia, como a propia Bruxa do Oeste –chamada Elphaba–, o Home de Folla de Lata ou o Espantapaxaros.

O estreo da obra para o público infantil é o vindeiro luns, 20 de abril. Alomenos 16 centros escolares da comarca do Salnés pasarán durante dúas semanas polo auditorio do instituto Francisco Asorey de Cambados para disfrutar co espectáculo de Caracol.

Pero como vén sendo habitual nos últimos anos tamén haberá catro pases abertos ó público en xeral. Son o domingo 26 de abril e o luns, 1 de maio –que é festivo– e en ambas ocasións as representacións serán ás 18 e ás 20.30 horas, tamén no Asorey.

As persoas interesadas xa poden adquirir as entradas nos comercios Sansatur, Chinelas e Tinturería Clareo. Unha das particularidades da obra deste ano é que os actores precisan un inxente número de traxes. Olga González explica que o vestiario é tan abundante que os integrantes de Caracol no terían dado abasto de non ser porque este ano contan coa axuda desinteresada dunha ducia de persoas de Cambados que se ofreceron a botar unha man coas costuras.

Teatro Caracol é unha compañía afeccionada, pero cuns espectáculos que pouco lle teñen que envexar ós de moitas profesionais, e a súa marca da casa son os musicais con coidadas coreografías e uns diálogos rebosantes de humor.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya