farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Galiza e as tarifas eléctricas

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Fernando Blanco Parga*

A posición da Consellaría de Innovación e Industria e do BNG claramente contraria a que desapareza a Tarifa 2.0N (coñecida como Tarifa Nocturna) -posición que tamén manteñen numerosos concellos galegos- sitúa no debate social a paradoxal situación de Galiza no sector eléctrico.
É ben coñecido que o noso país é un grande transformador de enerxía eléctrica, con custos sociais e ambientais moi importantes que nunca tiveron compensación por parte do Estado, gobernase quen gobernase. No entanto, a pesar da nosa capacidade como exportadores, asistimos sempre a un discurso oficial sobre que as tarifas son únicas e iguais no Estado para garantir o equilibrio interterritorial. Por iso as perdas no transporte non se discriminan nas tarifas, senón que as pagamos solidariamente todos os usarios e usuarias.
Porén, a realidade non é esa. A proposta que fai desaparecer a Tarifa Nocturna deixa claro que a súa supresión tería consecuencias piores para Galiza que para outras partes do Estado, por mor do noso clima que nos obriga a un equipamento e a uns consumos específicos.
Mais non é este o único caso. En Xaneiro do 2007 desapareceu a Tarifa B.0, que era exclusiva para o alumeado público dos concellos, tiña un prezo baixo por Kw e non pagaba o termo de potencia. A desaparición desta tarifa ten un maior impacto económico nos concellos galegos, pois teñen que dar cobertura a máis de 30.000 núcleos de poboación, que significan o 50% do Estado.
Tamén é salientábel que no reparto do denominado Fondo de Tarifa, unha partida que se distribúe anualmente entre as Comunidades Autónomas para a mellora de calidade da subministración eléctrica, vemos que, cos criterios establecidos polo Goberno do Estado, Galiza recibe menos fondos que a porcentaxe de poboación que ten.
É dicir, somos excedentarios na produción eléctrica, padecemos os custos sociais e ambientais, mais logo, vía tarifas, somos discriminados negativamente. Esta é unha situación anacrónica que os partidos políticos estatais en Galiza sempre agochan.
*Portavoz do BNG de Industria e Traballo
no Parlamento Galego

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009