Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

Pon un libro na túa vida

Hai case que 80 anos, o inmenso poeta granadino Federico García Lorca, coñecido sobradamente pola súa obra e morte tráxica vítima do odio desmedido a ignorancia e o lume da vinganza que as veces aniña no corazón dos homes, co gallo da inauguración dunha biblioteca no seu lugar de nacemento, dirixiu unha alocución as xentes do seu pobo Fuente Vaqueros, era o mes de setembro do 1931, baixo o título Medio Pan y Un libro.

Por aquel entón Federico, entre poemas, charlas e conferencias, viaxaba por todo o país levando coa súa "Barraca", o teatro, e os libros as xentes, moitas veces analfabetas, que os recibían entre estupefactos e agradecidos, acariñándoos entre as súas mans como se dun tesouro se tratase. Neste discurso o poeta coa súa perfecta dicción e no estilo máis lorquiano posible recórdalles os seus veciños que: ".... por eso no tengo nunca un solo libro, porque regalo todos cuantos compro, que son infinitos, y por eso estoy aquí honrado y contento de inaugurar esta biblioteca de pueblo, seguramente la primera de toda Granada, porque no solo de pan vive el hombre. Yo si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle, os digo que no pediría pan, sino que pediría medio pan y un libro..."

Hoxendía evidentemente e por fortuna o analfabetismo practicamente desapareceu das nosas vida, e resulta anecdótico atopar algunha persoa que non saiba ler e escribir, máis cantos de nós podemos asegurar que no pasado ano temos lido alo menos dez libros?

País curioso o noso, no que cada ano se editan arredor de 300.000 novos volumes de todo tipo; novela, relato, investigación, poesía, etc. país no que se penaliza a cultura aínda hoxe con taxas e impostos. País no que non se venden nin sequera o 10% desta inmensidade de libros editados e agora co fenómeno das autoediccións, e as baixo custes das mesmas, aínda máis. País no que inda por riba, que non se le, que non se compran e venden libros, ou escasamente, estes poucos que si teñen a sorte de mercarse, as veces rematan os seus días no fondo dun armario, ou sobre unha estántería do salón da nosa casa, cuberto de po, máis como adorno que outra cousa.

Por iso, eu aínda que son inimigo publico das celebracións deste "Días de", si que me sumo con tristura, porque sinto que cada día e mais necesario facelo, na defensa e promoción do LIBRO, así deste xeito con maiúsculas, porque estou absolutamente convencido de que sonche, un auténtico e real perigo, unhas armas de destrución masiva, si, pero da ignorancia e o sometemento dos pobos e das xentes. É necesario comer e alimentar o corpo, pero tamén resulta imprescindible alimentar a alma, para non ser servos, escravos inútiles ao servizo dos poderosos, máquinas de produción e reprodución, máis non homes e mulleres con liberdade de pensar e pensamento.

Libros!, Libros! Libros!. Palabra máxica, que nos fan soñar, viaxar, descubrir e aprender, voar, sentir, tocar, amar, vivir, e que nunca deberiamos esquecer que nos fan sobre todo libres, porque danos a posibilidade de saír das nosas vidas monótonas, monocromas, monotemáticas e ser, aínda que sexa por un rato, o protagonista dela.

Así que; pon un libro na túa vida, e sen dubida algunha mellorará, ou como dicía o meu admirado Federico; Medio pan e un Libro.

Compartir el artículo

stats