Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna LIBRE

Once anos

O sábado pasado cumpríronse once anos da miña chegada á alcaldía de Caldas. O pobo non é o mesmo. Eu tampouco, pero durante todos estes anos foi un privilexio ser o alcalde de todos os caldenses.

Agradecer a todos os membros do equipo de goberno e a todos os concelleiros do PSOE a súa entrega e servizo nestes 11 anos, o igual que o traballo dos funcionarios municipais.

Tocounos xestionar en momentos dunha dura crise económica, e enorgulleceme dicir que a cohesión social permaneceu nestes tempos complicados.

Foron uns anos difíciles onde estivemos á beira de quen maís nos necesitou: traballadores de Clesa, alumnos e familias do Centro Ocupacional "O Saiar", inmigrantes retornados, afectados polas preferentes e os deshaucios, os xulgados, o rexistro, embarazadas. Foron todas situacións nas que valeu a pena implicarse.

Aínda que en todo traballo hai luces e sombras, estou moi orgulloso do traballo desempeñado. Orgulloso, tamén, de telo feito con lealtade: lealtade, sobre todo, as miñas conviccións. En definitiva, coa conciencia tranquila.

Deste período destacaría a drástica redución da débeda e a xeración dun superávit de maís de 1.000.000 de euros anuais.

Pero tamén moi orgulloso de ter conseguido para Caldas o primeiro PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) (2017), a variante Este (2009), Praza das Palmeras (2009), Rúa Igrexa (2009), Praza Alhóndiga (2010), Praza Porto do Río (2010), Rúa As Silgadas (2009), Rúa Hipólito de Sá (2009), Rúa Gaioso (2009), Travesía Silgadas (2009), Praza do Asilo (2011), aumento das prazas de aparcamento, EDAR (Estación depuradora de Augas residuais) (2007), reforma da Praza de Abastos (2007), a Nova ETAP (Estación tratamento auga potable) (2012), Praza do Camiño (2013), aumento da rede de saneamento para dar cobertura ao 75 % dos veciños, ampliación do cemiterio municipal (2013), estrada Caldas-Moraña (2012), estrada Caldas-Aboy (2012), compra da fábrica da luz (2017), Cultura Quente e PortAmérica.

Síntome orgulloso de que Caldas sexa cada día máis dinámico, cun urbanismo flexible comprometido co medio ambiente e volcado na cultura e o deporte, no que se priorizaron os recursos para atender a quen máis o necesita.

Compartir el artículo

stats