Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rezarlle a "San Cabalón"

Ante as negociacións do luns e o martes sobre as posibilidades de pesca para o 2018, desde Acerga estamos moi preocupados pola tendencia á rebaixa das principais especies ás que se adica o cerco, e que, como seguimos manifestando, non comprendemos, xa que aseguramos que os caladoiros e as especies nas que se recomendan baixadas de TAC están en óptimas condicións de biomasa.

Ante estas propostas, preguntámosnos qué futuro nos agarda cando desde o ICES [Consejo Internacional para la Exploración del Mar] se recomenda a baixada dos TACS de xurelo na zona IXa [de Fisterra ao sur], anchoa VIIIc [de Fisterra ao País Vasco], xarda e a rebaixa da xa exigua cuota de sardiña da que sí estamos de acordo en facer o sacrificio ante o risco de peche da pesqueira, aínda que afirmamos que a recuperación da biomasa desde o ano 2015 ata agora é máis que significativa.

Aparte da ausencia de cuota de anchoa da zona IXa en Galicia, xa que só dispoñemos do 1,14% do TAC (unhas 38 toneladas para un total de 148 buques) e que grazas ao intercambio de 1000 toneladas de xurelo por 500 de anchoa feito este ano co Golfo de Cádiz podemos pescar, como única alegría nos queda o xurelo. Despois de tres anos de continuas rebaixas deste TAC na zona VIIIc se propón un aumento para este ano, aínda así, de ningunha maneira pode paliar a escaseza de posibilidades de pesca para o ano entrante, quedándonos como esperanza rezarlle a San Cabalón para que a frota poida saír adiante, aparte da boa labor da Secretaría General de Pesca ca redistribución de cuotas de xurelo como no presente ano.

*Portavoz da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga)

Compartir el artículo

stats