Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

Egoístas sen fronteiras

Dende o preciso instante no que o home empeza a se comunicar coa linguaxe de sons e palabras, saca do recuncho mais intimo do seu ser, o Ego, desenfreado e materializado no eu, primeiro e despois outra vez Eu, e logo xa veremos. Xa saben aquelo de;" o amor ben entendido empeza por un mesmo".

Cubrimos cun espeso e estúpido velo, mercé os procesos de socialización, o noso libre egoísmo, baixo unha falsa aparencia de modestia, nas mais das ocasións, inmodestia, xa que o facemos envoltos en nocturnidade, aleivosía e premeditación, para que os outros, eses seres molestos, ruidosos e insoportables que pululan coma formigas, coma moscas a un panal de mel, o noso carón, non pensen de nos o pecado inconfesable de que somos uns egoístas.

Eu o primeiro, todos e cada un de nos somos uns Egoístas redomados, recalcitrantes e oportunistas, uns egoístas sen fronteira, máis ben sen limites. Egoístas porque buscamos por riba de todo o agarimo, a estima, a admiración, o amor, dos demais, en todo e cada unha das cousas que facemos cada día, mesmo se fai falla botando man da manipulación material, ou sentimental e cando nolo temos, imos mal sen freo, costa abaixo e en caída libre,

Somos egoístas, porque nos todos somos arrogantes, na necesidade de súper vivir e deste xeito usamos e abusamos do entendemento, do gusto e do interese pragmático, lóxico, estético ou prácticos na posta en escena de noso egoísmo vital.

Resultamos egoístas cando entendemos innecesario verificar o noso propio xuízo na comprensión e no reflexo dos demais. Simplemente non nos interesa a súa opinión, xa que nos somos moito máis importantes. Aínda que vivamos nun erro, como non escoitamos outras opinións nin as admitimos, nunca imos rectificar, nin mudar de pensamento. Usamos a lóxica no noso beneficio persoal manipulando a razón. Somos egoístas estéticos, xa que estamos inmersos no convencemento de que ninguén é tan sensible, tan especial, único e irrepetible coma nos. As criticas nacen da incomprensión dos demais, que non nos chegan ni á punta do zapato. Eles sonche vulgares, mediocres, e nos moi especiais, e polo tanto incomprendidos.

E que dicir do egoísta, que o é para acadar coma sexa os seus intereses, tanto da que sexan de vida, ou morais. Neste caso, o egoísmo é inmoral, xa que procura antes de nada a propia satisfacción hedonista e o onanismo, nos recreamos en nos mesmo xa que tan so buscamos o noso propio pracer persoal, somos pois insolidarios, antisociais e elementos moi perigosos xa que para nos a máxima doe todo vale, é lei.

Diante de nos; "Egoístas sen fronteiras", tan so cabe buscar a felicidade na xustiza social, a solidariedade, o respecto mutuo o ben común, e non no individualismo deste tipos endeusados, pechados no seu mundo interior de satisfacción ególatra.

Compartir el artículo

stats