Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Demasiadas árbores

A ideoloxía forestalista tamén invade a cidade

Existe unha ideoloxía forestalista que vén de moi atrás. Rosalía láiase dos montes de mato baixo no seu belísimo poema en castelán, aínda que ben nacionalista, "Los robles". Díxose que houbera un tempo mítico no que o esquivo podía viaxar choutando de árbore en árbore desde Santander a Almería. Eu nunca din coa fonte limpa do conto, aínda que algún amigo de confianza atribuiulle a invención a Joaquín Costa.

O certo é que a Galicia que eu coñecín, cos seus montes cubertos de toxo e vexetación da chamada de "lande" na que pacían vacadas, greas de bestas e outros gando, alén dar lugar a searas, transformouse rápidamente coa chamada "repoboación forestal". Esta foi iniciada en Galicia a partir de Coto Redondo pola deputación de Pontevedra nos días nos que a presidía De la Sota, con quen colaborou Bóveda. Castelao era forestalista e soñou unha Galicia poboada de árbores na que funcionasen as fábricas de celulosa e de papel. Logo, o franquismo acentuou a tendencia e foi facendo retroceder o pasto ou panasco de montaña coa invasión de piñeiros e arcolitos.

Isto supuxo, en poucos anos, unha catástrofe ambiental cuxo final non pode ser outra cousa ca o incendio, tanto máis danoso canto maior foi a perda de pastos de montaña. Pero a ideoloxía forestalista non só identifica "monte" con "piñeiral" ou con calquera outra acumulación de árbores, incluindo as chamadas autóctonas. Tamén invade a cidade. Así o municipalismo foxe das espazos pratenses axardinados para cubrir o máis posible de cidade de arboredo exótico. Especialmente palmeiras, que son as invasoras privilexiadas dos alcaldes e concellais do PSOE e adxacentes. As palmeiras convertiron a Praza da Independencia (perdón pola palabra maldita) de Vigo nunha especie oasis do Sahara.

De todo isto temos tratado e seguirémolo facendo. Hoxe é só para decirlles que o concello está maltratando o Paseo de Alfonso de Vigo ao enchelo de árbores que impidan que os seres humanos poidan disfrutar plenamente da visión lodeirana dos crepúsculos da ría desde as casas e desde o mirador da que foi chamada "Acera Volada", coa Barroca aos pés.

Compartir el artículo

stats