Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pE do farelo

Articulistas e tertulianos

Para algúns dos mellores entendidos no xornalismo, "o articulismo", deambula entre o literario e o xornalismo filosófico, tal vez, para outros eche un xénero menor ao que se apuntan moitos que carecen da capacidade mínima para escribir unha boa novela e como xornalistas non atopan oco nunha redacción, quen sabe.

A realidade dende o meu punto de vista é que mergullando na historia dende os famosos Ensaios de Montaigne, cara os nosos grises días, atopamos grandes mestres do xénero, capaces de cabalgar entre a fina ironía e o sarcasmo, ou a denuncia e o análise minucioso, por non falar dos cronistas da actualidade, ou os costumistas, xenios do realismo cotián.

Mostrar nun artigo unha liña de pensamento, unha idea, unha visión máis ou menos particular, acertada ou disparatada, iso como a botella; medio chea ou medio baleira, depende de cada quen á hora de ler e interpretar aquela ou esta opinión, é tanto como desenvolver un abanico de posibilidades e buscar a reflexión publica sobre algo, se consiga ou non acertadamente, velaí queda o intento, e polo tanto resulta meritorio o esforzo do columnista en levar a nosa opinión, ou espertar a nosa curiosidade no tema exposto.

Na actualidade nos xornais atopamos unha boa mostra do que estou a falar e mais dun autenticamente mestre na súa exposición, argumentario e conclusións, claro que sen chegar o referente no xénero que foi no seu tempo Mariano José de Larra, capaz de quedar para sempre na historia, pola súa forma de expresar a identidade da xente do país para os que escribía, artigos nos que os invisibles das rúas, persoas descoñecidas, mediocres e vulgares, coma nos, se descubría e identificaba.

Lonxe, moi lonxe daqueles escritores, pensadores, poetas, e políticos que nos deixaron unha moi extensa colección do seu pensamento critico nos xornais da época, en forma de columna ou artigo, estamos hoxe en dia, nos que as nosas televisións e radios, fundamentalmente enchen os seus platós e mesas de redacción con supostos expertos, que lamentablemente non saben de nada, pero se cren no dereito de opinar sentando cátedra, contundentemente de todo.

O malo, é que normalmente o cúmulo de sandeces histriónicas e de tal calibre, ca xente normal que o escoita e mira, chega ao convencemento de que teñen razón. A manipulación, a des información, a falla de rigor, os intereses espureos mais ou menos honestos ou deshonestos, a defensa que fan da man que lles da o pan e os ataques sen piedade nin tregua os que consideran inimigos, da noxo, pena e produce tal grado de descontento e frustración, que tan so me queda apagar o aparato e tomar un bo libro, sen dubida moito mais proveitoso que escoitar mais memeces a cambio dunha nómina nun medio de comunicación, que o que fai é des informar.

Tristura de tempos nos que todo vai en función do seu valor monetario, mesmo a sagrado deber do informador, o comunicador ou o xornalista, claro que de iso os tertulianos o ignoran todo.

Compartir el artículo

stats