Ai miña terriña,

que che andan a facer?

Eu non paro de chorar

e ti non paras de arder.

Escuras cinzas

tinxen o ceo de loito.

As árbores prendidas,

queimádo-los froitos.

O vento non zoa

brisa mariñeira,

senon o pranto da terra

agora baleira.

As margaridas non entenden

o que lles está a acontecer:

seus pétalos ninguén os quere,

nin os deixa de querer.

Hoxe tristes baladas

entoan os paxariños,

dende Galiza ata Asturias

surcándo-lo noso Miño.

Entre bágoa e bágoa,

escóitame Galiza!

Que nin esta mágoa,

nin tódalas cinzas,

serán quen de dar tregua

a nosa ledicia!