Son moitos os que nos preguntan polo Flash Market Galicia, os que preguntan onde imos estar, en qué pabellón se poñen as tendas. A resposta é clara: En ningún.

Recordo hai preto de cinco anos, cando non era presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda e era un emprendedor de 23 anos que comezaba os seus pasos con A Parafarmacia, agora, un referente local e comarcal de productos de saúde, cosmética de farmacia e servicios. Non agardei en adherirme a ECOS, porque coñezo a importancia do asociacionismo empresarial, que creo que é vital en vilas e municipios pequenos como o noso. Daquelas, iamos á Semana Verde de Galicia (pagando bastante máis do que prezo que conseguimos nestes últimos anos, todo hai que dicilo) e mantiñamos reunións periódicas antes de ir para dinamizar os nosos stands no recinto. Recordo unha edición na que, aínda como vocal dentro da ECOS, falamos a posibilidade de facer unha feira a nivel autonómico, onde o comercio local de toda Galicia se reunise nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca para liquidar os seus stocks... Un "soño" que derivaron en imposibles pola lei de comercio en relación ás feiras de oportunidades. Inclusive falabamos de chamar ás asociacións de comercio e centros comerciais abertos de toda a comunidade galega para ver como poder facer ese evento que nos beneficiaría a todos e, tamén, valorar a posibilidade de rotalo en cada edición por todos os puntos da nosa xeografía galega. Recordo un resulta completamente imposible facelo naquela sala da Semana Verde de Galicia na que falabamos de posibles proxectos para "dar vida" ás instalacións...

Hoxe, xa como empresario e presidente da Asociación de Empresarios en Comerciantes de Silleda ECOS, vexo reflexado en cada cartaz do Flash Market Galicia, a nosa marabillosa idea convertida en Demo. Todo aquelo que se vía imposible, finalmente, véndeselle a un organizador privado que, polas "características peculiares" que sexan, el si se adapta á lei de comercio...

Este evento, que é absolutamente o contrario á idea inicial de hai anos (e que falamos na Semana Verde, co seu xerente), na que se nos dixo que era imposible facer unha feira de oportunidades ou outlet autonómico coas asociacións de comercio porque o porcentaxe de comercios da mesma localidade determinaba o número de stands que podería haber, hoxe véxoo en cada cartaz que anuncia o Flash Market, e que vén en forma de furacán, na data exacta para ferir a campaña de outono, maioritariamente do sector textil.

Presido unha asociación que, pese a estar inactiva en canto ao que campañas se refire, teño o traballo diario de velar polo benestar do comercio local e dos nosos asociados. Esa chamada que se nos fixo dende a organización do Flash Market, cuns presupostos por stand imposibles, fíxome ver como se destrozou totalmente aquelo que falamos hai anos. Esta sensación de ver como é capaz de transformar algo que viamos tan apropiado para o comercio local en algo totalmente prexudicial para o comercio de toda a comunidade faime ver que sempre prevalece o interese económico sobre calquera cousa.

Non estou criticando a ninguén, pero sempre vimos na Feira Internacional de Galicia un aliado estratéxico óptimo para o noso desenvolvemento económico. Hoxe, ese sentimento é de medo, medo de ver un monstruo cunhas instalacións xigantes que comeu a nosa idea e a impulsou só da man do sector privado de fóra da nosa comunidade. Un monstruo que, agardamos, non teña a aceptación suficiente da nosa comunidade como para quedar no noso concello.

Dende ECOS seguiremos traballando en velar polos intereses do comercio local e dos nosos asociados.