Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

obituario

'Lonxe' descansa con Laxeiro

Hai xa vinte e un anos que o Mestre José Otero Abeledo "Laxeiro" finou e foi enterrado no cemiterio novo de Lalín. O martes á noitiña deixounos outro dos moitos amigos que tivo Laxeiro. Estamos a falar de Antonio Costas Vaquero Lonxe, natural de Vigo e que fora a persoa de confianza do noso pintor e lalinense ilustre.

Laxeiro foi o que fixo de casamenteiro, presentándolle a Berta Bodaño e mesmo foi o padriño da voda de Lonxe (nome co que era coñecido Antonio Costas) coa moza de Bendoiro que residía en Vigo. Laxeiro sería tamén o padriño do único fillo deste matrimonio: Iago.

Eu recordo sempre a Laxeiro con Antonio Vaquero, e tamén con Berta en todas as exposicións no Museo de Lalín e tamén en outras celebradas toda Galicia. Antonio levábao e traíao a todas partes, pódese dicir que era o seu home de confianza. Hai uns anos, Antonio deixou de acudir, por enfermidade, ao Cocido das Artes, onde se lle celebraron moitos anos o seu cumpre anos, sempre en febreiro, pola feira do Cocido (o 13 de febreiro do presente ano cumprira 88). Hoxe, todos sentimos unha profunda tristeza pola súa perda e, en nome de tódolos artistas e amigos que o coñecemos e tratamos como un amigo, queremos acompañar a súa dona, Berta, unha muller loitadora e ao seu fillo nestes momentos de dolor por a perda do seu Antonio.

Todas aquelas persoas que lle queiran dar o último adeus, poderamo facer no tanatorio de Jesús Taboada, na avda. Buenos Aires de Lalín. A condución do féretro a parroquia de Bendoiro será as 16.30 horas do xoves día 21.

Queremos pensar que Lonxe estará nun paraxe onde todos quixéramos estar cando partamos desde mundo, acompañado do seu amigo Laxeiro e de boa parte dos amigos pintores, escultores, poetas e xente do mundo das artes que xa partiron. Estou segura que estarán recordando mil e unha aventuras vividas, nos bos tempos, cos amigos comúns.

*Amiga de Antonio Costas

Compartir el artículo

stats