14 de septiembre de 2017
14.09.2017

Historia do pergamiño Vindel (II)

14.09.2017 | 01:37
Historia do pergamiño Vindel (II)

No ano 2015 o profesor e académico Henrique Monteagudo, tivo a xentileza de publicar no nº 19 da revista Maremagnum, dirixida polo que subscribe, un documentado artigo: O Son das Ondas: Martín Códax e o Pergamiño Vindel, no que remarca, que a lírica trobadoresca galego - portuguesa é un dos fenómenos culturais máis fermosos e interesantes que se produciron na Península Ibérica nos séculos centrais da Idade Media.

A historia do Pergamiño Vindel, a que facemos alusión esta perfectamente documentada polo ex presidente da RAG profesor Alonso Montero. Comeza a finais de 1913 ou comezos de 1914, co libreiro e anticuario Pedro Vindel (1865-1921). Nacido en Olmedo de la Cuesta (Cuenca), fuxe da casa con 10 anos, traballa en varios mesteres humildes e tamén como vendedor de periódicos, el, que era analfabeto. En 1881, centenario de Calderón de la Barca, Madrid esta chea de letreiros e rótulos, que motivarían a este mozo de dezaseis anos, facendo del un voraz lector. Iniciado como libreiro anticuario en Madrid, a sorte púxolle nas mans 75.000 pesetas (tocaralle a Lotería Nacional).

Como libreiro tivo relacións con Galicia: provedor do bibliógrafo Antonio Rey Soto, a quen en 1918, proporcionoulle un exemplar do Nobiliario de don Pedro de Barcelos; anos antes mercaralle a Eugenio Krapf, libreiro e editor en Vigo, a súa valiosísima colección de Celestinas. O 26 de xaneiro de 1917, visitouno dona Emilia Pardo Bazán, "que quedó", anota Vindel, "en hacer lo posible porque las Siete canciones de amor quedasen en España". Curiosidades rexistradas por Vindel no seu libro: "Registrum peccatorum", parcialmente reproducidas en: "Pedro Vindel. Historia de una librería" (1865-1921). Madrid, 1945, publicado polo seu fillo Francisco Vindel Angulo.

Pedro Vindel, folleaba un códice do século XIV, que contiña a copia dun texto: o tratado De Officiis de Cicerón, forrado en pergamiño. Vindel sabía que os códices, ao longo dos séculos XV ao XVIII, forrábanse con pergamiños medievais carentes de interese. O desencadernar o volume e comprobar se o forro agochaba algún escrito na súa cara interior, despois de desprendelo e despregalo, o seu abraio foi maiúsculo! Nunha folla de aproximadamente 34 por 45 centímetros, a catro columnas, en caligrafía gótica redonda, estaban transcritas sete cantigas de amigo en galego, seis delas acompañadas da notación musical correspondente; no recanto superior esquerdo, en letras vermellas, líase o nome do autor: Martín Códax. Vindel deduciu axiña, polo tipo de letra empregado, que se trataba dunha copia realizada a finais do século XIII ou primeiros do XIV.

O libreiro acababa de realizar unha descuberta singular. Como non era entendido en literatura galego -portuguesa, decidiu pórse en contacto cun experto. A referencia obrigada en Madrid era o intelectual pontevedrés Víctor Said Armesto (1871-1914), que facía pouco gañara a primeira cátedra de Literatura Galaico - Portuguesa da Universidade Central, recentemente creada. Doente Víctor Said, recibiu a Vindel e, totalmente emocionado, examinou o manuscrito. Sería un dos últimos actos na súa vida, prematuramente tronzada uns meses despois.

Said Armesto, decatouse da transcendencia do achado. Explicaríalle ao libreiro que, os únicos testemuños sobreviventes da lírica profana galego - portuguesa eran tres cancioneiros, o conservado en Portugal, o Cancioneiro da Ajuda, outros dous en Italia: o Cancioneiro da Vaticana e o denominado Colocci-Brancuti (custodiado en Lisboa como Cancioneiro da Biblioteca Nacional). Ningún dos tres cancioneiros ofrecía o máis mínimo vestixio da música correspondente ós textos copiados nas súas páxinas. Os trobadores non eran soamente poetas, senón tamén músicos; eran, pois compositores.

O Pergamiño Vindel era o testemuño máis antigo, e mais próximo ao seu autor, das cantigas de amigo, as sete que se contan entre as máis apreciadas pola crítica moderna. Said Armesto indicoulle a Pedro Vindel que na literatura occitana, a irmá maior da lírica galego - portuguesa, non existía nada parecido.

Vindel deu a noticia do seu achado nun artigo publicado en febreiro de 1914 na revista Arte Español. Orgulloso e desexoso de atopar un comprador, o libreiro decide publicar o seu descubrimento nunha edición facsímile da totalidade do manuscrito, en 1915: Las Siete Canciones de Amor, poema musical del siglo XII.

Parece que Pedro Vindel tiña interese en que o Pergamiño non saíse de España. En 1918, o manuscrito é mercado polo musicólogo catalán Rafael Mitjana, diplomático en Uppsala (Suecia), onde xa en 1907 atopara o famoso Cancionero de Upsala, para estudar a súa música, labor frustrada o falecer en 1921. O documento quedou na súa biblioteca en Suecia, onde a viúva de Mitjana continuou a residir, ata posto á venda polos seus herdeiros. Durante longas décadas, e ata hai pouco máis de vinte anos, o Pergamiño deuse por perdido. Adquirido polo bibliófilo profesional Otto Haas, ofrecese en pública almoeda en Londres, ocasión aproveitada pola Pierpont Morgan Library de New York para incluílo nos seus fondos. Tampouco nesta ocasión ningunha institución galega, española ou portuguesa intervirán para recobrar o valioso documento, un dos máis apreciados da literatura galega, hispánica e europea medieval.

*Membro da A. C. Pertenza

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ÁNGEL UTRERA BAZA

Telemárketing ou a arte de engatusar incautos

-Boas tardes, boas tardes, Ángel Luís, o meu nome...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los vecinos

A la vista de lo que hay sobre la mesa quizá sea hora de solicitar del Gobierno central...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Diccionario del ´Procés´

La iniciativa secesionista aprobada en el Parlamento de Cataluña, y la convocatoria de...

 
 

MANUEL BRAGADO

Árbores urbanas

Somos varios os veciños que tememos que o anuncio das obras nas beiravías do...

 
 

ANXEL VENCE

La antigualla del Estado

Discuten los sabios juristas si Cataluña quedará fuera de la Unión Europea...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Profundamente dividido

He de confesar que el asunto del referéndum me tiene, como a la sociedad catalana y me...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine