No suplemento "Estela" (Faro de Vigo, 29-05-16), como membro da Asociación Cultural Pertenza de Vigo, daba conta das claves dunha visita histórica e revelaba de como se xestara A Chegada do Pergamiño Vindel a Vigo, documento que será exposto no Museo do Mar desde outubro ata marzo 2018, acompañado dunhas 40 pezas de relevancia histórica e cultural pertencentes os s. XII, XIII e XIV. Unha exposición que simbolizará o berce e tesouro da nosa lingua e cultura.

Desde o ano 2013, Pertenza organizou mais de 20 palestras sobre diferentes temas: historia, arquitectura, pintura, música, literatura ou medio ambiente, nos que teñen participado expertos en cadansúa das materias. Desde a súa fundación en 2010 debateuse sobre, o que representan as Cantigas de Martín Códax para Vigo e Galicia como legado literario e musical no contexto europeo. Traballamos nun proxecto: " Monumento as Cantigas de Martín Códax. Cantor do mar de Vigo", que puidese realizarse coincidindo co feito de que se cumprira, no pasado ano 2014, o Centenario da descuberta do Pergamiño Vindel de cara o compromiso e sensibilización da cidadanía viguesa. A día de hoxe, este proxecto aínda continua en trámites coa esperanza dun novo impulso ca Chegada do Pergamiño.

A xestión do Vindel, foi posible aproveitando unha viaxe a Nova Iorque en marzo de 2015. Representando a Pertenza, puiden ollar o Pergamiño propiedade da Fundación Morgan, previa solicitude con meses de antelación e acompañada dos respectivos permisos. A Morgan, enviaranos con anterioridade datos sobre a localización, número, título, etc., do Pergamiño. Unha visita laboriosa, pero á fin e ao cabo, cun resultado moi positivo. O día 23 de marzo de 2015 ás 09.30 AM., tivo lugar a cita na Fundación Morgan. Recibimento amable por parte de María Isabel Molestina de orixe chileno responsable do Reader Services Librarian. Debidamente identificado e comprobado que non portaba obxectos punzantes como navallas ou alfinetes. Outros obxectos si que estaban permitidos, como cámaras e lapis, advertíndome de que a temperatura no Reading Room: "era fría", polo que aconsellaban entrar cunha roupa de abrigo.

Rematada a visita pregunteille a Sra. Molestina si podería haber algunha posibilidade de trasladar o Pergamiño Vindel a Vigo, para ser exposto no lugar de orixe do seu autor, o trobador Martín Códax. Respondeu que só o Curator of Medieval and Renaissance Manuscripts Roger S. Wieck era quen, de decidir sobre tal tipo de demanda, engadindo que non sabia si o curador chegaría dun momento a outro. Afortunadamente, o mesmo día 23, pola noite un correo da Sra. Molestina, daba conta de que o Sr. Wieck podía recibirme ás 10:00 AM do día seguinte o 24 de marzo.

Ao longo da conversa co curador tiven ocasión de entregarlle copia do proxecto: "Monumento as Cantigas de Martín Códax. Cantor do mar de Vigo", que Pertenza estaba xestionando para a cidade de Vigo. O Sr. Wieck ollou o documento con detalle, e abofé que gustou moito del. Era pois o momento de preguntarlle, si era posible que o Pergamiño Vindel, puidese expoñerse en Vigo. Porque a Vigo -preguntou?- A resposta foi inmediata. Porque o poeta é vigués, e quen lle fala tamén o é!! Incluso aproveitei para mostrarlle que a cidade de Vigo estaba xusto fronte a Nova Iorque.

Que nos poemas de Martín Códax aparecese mais dunha vez o nome de Vigo, foi para el de gran satisfacción. Os argumentos a redor do que Martín Códax representa para Vigo e Galicia, a celebración do centenario da descuberta do Pergamiño Vindel (1914-2014) así como, o feito de que quen solicitaba a posibilidade de trasladalo a Vigo, era vigués distinguido, impresionou o Sr. Wieck que amablemente dou unha resposta positiva. É posible porque é a patria do poeta. A primeira cuestión estaba resolta, faltaba preguntarlle o que custaría o traslado, e tamén sorprendentemente responde. A Morgan non cobraría nada. Iso si, os custos serían os derivados do desprazamento e estancia do acompañante, seguros e por suposto as condicións no lugar da exposición, etc. A entidade responsable do lugar de exposición, debería enviarlles un informe no cal lles asegurasen as condicións ambientais e custodia, ademais das actividades de acompañamento (congreso literario, exposicións de apoio...) de cara a reforzar: A Chegada do Pergamiño Vindel a Vigo.

Chamoume moito a atención ao longo da conversa co Sr. Wieck, a advertencia de que o organismo que se responsabilizase da xestión para a traída do Pergamiño Vindel, non fose unha entidade política. Culminada a visita a Fundación Morgan, Pertenza, tiña que decidir cal debería ser a institución mais idónea que xestionase a chegada do Vindel a Vigo, que non podía ser outra, atendendo ás recomendacións da Morgan, ca Universidade de Vigo.

A inmediata visita dos representantes de Pertenza, xa devolta de Nova Iorque co profesor Salustiano Mato reitor da UVigo, foi transmitirlle as xestións realizadas coa Fundación Morgan para posibilitar que o Pergamiño Vindel viñera a Vigo. O Sr. Reitor, comprendeu rapidamente e perfectamente, o que supuña este acontecemento na nosa cidade, e que poría da súa parte todo o empeño en facer as xestións necesarias hoxe unha realidade.

*Membro da A. C. Pertenza