Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Turismo ou explotación

Era visto, amigos, que dende os tempos do subdesenvolvemento e os famosos plans desenvolvidos polo réxime tecnócrata aquel do xeneral golpista e os seus ministros, nos anos sesenta do pasado século, España ía camiño de se converter no paraíso do mundo mundial do turismo, non tiña dubida.

Daqueles polvos naceron estes lodos de agora, sobre todo dende que o goberno de dereita do ínclito Sr. Rajoy, mais preocupado e ocupado en favorecer e agochar a corrupción e desamañes dos seus amigos dentro e fora do seu partido, coa escusa perfecta dunha pseudocrise inventada polos secuaces da CEE, e o imperio del todo vale, colle os cartos e corre, tonto o que non medre, xa saben, dera paseniño, un tralo outro os pasos precisos para precarizar o mercado laboral do pais, ata conseguir que o medo a inseguridade, o conformismo, o cansazo se instalara na nosa xente, e os nosos rapaces e rapazas, os mais novos e desvalidos que ilusionados chegaban petando forte as portas do mercado laboral, que se lles pechaba de golpe nos fociños, ou no peor dos casos se lles abrían con contratos lixo, becas de formación, traballo a tempo parcial, salarios de miseria, fame e noxo, carencia de horarios, de dereitos, da mais mínima xustiza social, e dignidade que suponse ten o dereito e obriga do traballo, tal e como recolle, por certo a nosa Constitución.

Que agora voces, mais ou menos alporizadas, violentas, e estupidas berren contra o que segundo os nosos políticos, xera un pico mais que importante do PIB do país, e constitúe un dos sectores económicos pilares da nosa economía, xa non sorprende. Cando nada tes que perder, da o mesmo perdelo todo. Somos, por desgraza un país, de servizos, feito por e para o turismo, coma consecuencia directa do que nos obrigaron a reconverter e abandonar, por mor e grazas dos poderes económicos facticios desta Europa de mercados e mercadores; o noso tecido industrial e a siderurxia que foise pola cañeiría abaixo, o sector naval o mandamos o cubo do lixo, a agricultura, mellor non falar dela, da pesca que lles vou contar. E así unha longa e interminable lista de sectores económicos, nos que España era punteira e autosuficiente.

Aquel famoso INI (Instituto nacional de industria franquista, que foi agasallo os amiguetes de turno, mellor non recordar). E agora se alporizan, e lamentan e afirman que é un disparate, un dislate, un grave erro, protestar contra a espoliación, a explotación, a submisión total e absoluta os turistas, e o turismo de moi baixo perfil, de borracheira e bocata, de pelexas e discoteca? Pois non sei, eu dende logo non teño nada contra o turismo, pero si berro contra a explotación que supón para moita xente a súa submisión por un salario abusivo, porque non lle queda outra, a esta nova praga do século XXI, na que nos somos os campións do mundo mundial.

Compartir el artículo

stats