Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Esterqueiras no Gafos

Revelóume un amigo que en certa ocasión tivo que madrugar e cara ao seu destino atravesar o centro de Pontevedra. Era o día seguinte das Peñas-touradas. El viña a pe, pensando que rúas ou prazas tería que sortear para salvar os restos da bacanal algueirada. Inda era moi cedo.

A súa sorpresa foi que atopou todo limpo e baldeado. Os últimos operarios de limpeza recollían o seu material e deixaban o campo de batalla. Penso eu que contentos de ter traballo e rematalo, anque tamén terían outras consideracións da xornada non tan emotivas.

Despois de dezasete anos limpando o río Gafos, membros da Asociación Vaipolorio, voluntarios e toda a cidadanía coincidiremos en que o Gafos agora é outra cousa.

Como todo o que reluce non é ouro e o río Gafos tampouco está bañado neste nobre metal, teño que sinalar hoxe aquí o noxo que nos enxendrou atopar dúas esterqueiras no Centro de Pontevedra, nas beiras do río Gafos, concretamente preto da rúa Alcalde Hevia, metros antes de que o río quede soterrado cara a Campolongo. Por esta zona tamén fan algo de botellón.

Si este faena xa de por sí nos indigna, máis é o feito de que chegar alí coas bolsas de lixo é un dislate. Vindo de donde viñeran os "suidos". Chegando tanto por Fernández Ladreda como por Alcalde Hevía ou lindeiros, tiveron que esquivar deliberadamente os colectores municipais e levar a carga a este lugar moito máis afastado. (A procedencia do lixo non ten porque proceder destas dúas rúas citadas)

Unha figueira e un sabugueiro da ribeira coa ramaxe pendurada ata o chan enmascaraban os vertedoiros clandestinos. O lixo desprendido das bolsas era de orixe doméstico.

Noutra xornada de limpeza anterior, preto da desembocadura, retiramos residuos que sin entrar en detalle testemuñaban sucesivas sesións de botellón.

Non me gusta maldecir e criticar a conducta dos mozos, se cabe porque penso que si eu fora do seu tempo faría exactamente o que eles fan. Outra cousa ben distinta e a lexislación que rixe os feitos de cada quen, a aplicación da lei, os gastos, as sancións e a impunidade.

O que é mais difícil de entender é que residuos domésticos acabaran alí, como perfumes de distinta gama na pirámide olfactiva. Di pouco de quen os usou; anque un boa fragrancia diga tantas cousas, nos despraze no tempo ou nos espalle sensacións de profunda intimidade. Secrets de parfum.

¿Estes transportistas de bolsas de lixo nacerían abandonados entre magas de peixe, como aquel aprendiz de curtidor na célebre película El perfume de Tom Tykwer?.

Esta desfeita de feitos incívicos lévanos a outra reflexión. ¿ Estaremos facendo ben os de Vaipolorío limpando tan lixeiros o que outros emporcan?. ¿Estará facendo ben a Administración limpando todo o que en teoría debería sancionarse?. ¡O que sae gratis non conta!

Pasadas a Era Antiga, Media, Moderna e Contemporánea, seremos recordados como a Era do Lixo. Asi o dixo o insigne galego Isaac Diaz Pardo.

* Presidente de Vaipolorío

Compartir el artículo

stats