AO PÉ O FARELO

Cadeas e memes de estupideces

08.08.2017 | 02:45
Cadeas e memes de estupideces

Normalmente, ao cabo do mes se botara contas tería recibido máis de cen, entre correos electrónicos, whats app e mensaxes de messenger, deses de cadeas sen límite que enchen as nubes, non as do ceo,ó que de cando en vez botamos unha ollada na procura da auga salvadora no caso de seca ou lume, ou do sol que máis quenta cando andamos espidos na praia, segundo nos vaia a feira en cada momento claro.

Non, estou a falar desa outra nube que ninguén sabe moi ben que é ni onde está, a da rede, no espazo sideral de internet.

Moitos, moitísimos deles sonche autenticas memeces, boberías estúpidas que ás veces se repiten ata o infindo unha e mil veces, abusando da boa fe da xente, da súa xenerosidade ou simplemente da inocencia de moitos de nós, que ás veces cremos de verdade nesa campaña de solidariedade que solicita axuda para salvar a non sei quén dunha morte inminente, ou aquel outro neno que precisa con urxencia sangue de non sei qué grupo inexistente, ou os que te avisan dun virus garrafal que vai facer qué o teu ordenador bote fume, xa saben a qué me estou a referir, hainos a miles.

Ninguén sabe moi ben de ónde saen nin por qué, nin para qué, pero xunto cos típicos spam; mensaxes comerciais inútiles que che ofrecen o ouro do mouro, e aqueles outros de firmar contra, saturan a rede, sen que ninguén poida poñerlles final.

Mais de cando en vez, entre estes absurdos bodrios que borro sen máis, sen perder un segundo en abrilos, aparece algún deles que cando menos resulta curioso, por non dicir interesante, coma este caso do que falo hoxe.

Ao parecer, a intelixencia emocional confirma, como afirma un descoñecido doutor Hitzig, que o pensamento é unha combinación de neuroquimica e hormonas, e que as actitudes xeran condutas, de forma que as que empezan por "s": serenidade, silencio, sabedoría, sabores, sexo, soño, sorriso, sociabilidade, producen no cerebro serotonina, causante de sensacións de felicidade e mellor calidade de vida, xa que facilitan condutas tales como amizade, aprecio, amor, acercamento. En tanto que no lado contrario, actitudes que empezan coa letra "r"; resentimentos, rancor, rabia, rexeitamento, resistencia, repudio, fan que o cerebro xere cortisol, hormona culpable do stress, e dende logo sensacións desagradables para o corpo, que deste xeito reacciona cunha conduta de; desencanto, desesperación, desolación, depresión, desapego.

Sen dubida algunha un exceso de serotonina máis unha falla de cortisol farán de nós persoas moito máis felices, e cunha vida intensamente máis longa. Mira ti que se fora verdade...

Quén sabe, ao final vai ser que todo é pura química, ata os sentimentos e a alma.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

PEDRO DE SILVA

El dolor no nos debe hacer ingenuos

Quien suponga que las respuestas y reacciones ante los criminales...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Barcelona, ciudad abierta

Todo lo que la capital catalana tiene y debe conservar

 
 

EDUARDO JORDÁ

Lo que haremos las buenas personas

Comportamientos previsibles que siguen a todo golpe del terrorismo

 
 

CAMILO JOSÉ CELA CONDE

Libros sobrevalorados

Un escritor joven, muy prolífico en las redes sociales, ha sacado la lista de diez obras...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine