Eu quería vivir este día para anunciar a compra da finca da "fábrica da luz".

A historia de esta finca é a historia dun soño longamente perseguido. Hoxe ese sono faise realidade. Hoxe rematamos máis de 10 anos de traballo. Hoxe é tamén un día grande para tódolos caldenses, pois temos a nosa disposición 40.000 metros cuadrados máis. Este espazo no seu día significou a modernidade para a comarca, e a partir de hoxe seguiremos traballando arreo para que ese concepto se recupere.

Eu síntome un privilexiado por acompañar e participar deste proxecto desde o minuto cero.

Hai mais de 10 anos que tiven a primeira reunión, logo viñeronmais na Coruña, Madrid e ata en Barcelona.

Cando pensaba que xa o tiña atado, cambios no organigrama da empresa mandábanos de volta a casilla de inicio.

Nunca desfalecín -tampouco nas pozas- e en ambos casos, a cantas mais dificultades,sempre lle opuxen mais ilusión.

No desenvolvemento do proxecto non debe haber presa. Nin debe haber atallos.Por eso deben opinar os que mais saben, e queremos que nos den alternativas, sobre as que logo a corporación municipal tomará decisións. Non quero outra polémica "tipo pozas". Faille moito dano o pobo. Fixemos unha aposta moiforte polo turismo e está funcionando. Por iso queremos consenso.

Querido veciño eu anímote a vivir a "fábrica da luz", e túa.

* Alcalde de Caldas