Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Agradecidos

Eu son un veciño de Lalín que fun de peregrinaxe ao santuario de Nosa Señora de Lourdes, en Francia, coa diócese de Lugo. E, como todos os anos, fomos no autobús acompañados polo noso guía e organizador da zona de Lalín, D. Mario Gutiérrez Crespo, e querémoslle agradecer toda a súa laboura e entrega con todos nosoutros. A súa renuncia acollémola con moita tristura. Quén será o que nos guíe e nos ensine toda a súa sabedoría sobre o santuario, quen será o noso fotógrafo oficial? Por todo elo, queremos amosarlle o noso máis grato agradecemento, por todos estes anos que nos acompañou coma un peregrino máis e un amigo, o noso máis grato agradecemento. Desexándolle volvernos a encontrar no mesmo camiño, reciba unha grande aperta miña e de moitos máis de Lalín e a súa comarca.

*Veciño de Lalín

Compartir el artículo

stats