Sentímonos tan agradecidos que tiñamos que facer pública esta carta. Porque sen todos vós Xirandola non sería o que hoxe é. Porque non teríamos chegados aos 30 anos, nin a lausanne, nin a Holanda, nin a Bos Aires. Estamos agradecidos e felices grazas a vós, porque sen vós non tería existido todos eses intercambios con outros grupos nin todas esas recollidas polas aldeas de Galicia que nos fixeron medrar como persoas e como grupo, que nos achegaron un pouquiño máis á esencia do folclore, que nos fixeron aprender dos erros e celebrar os acertos, que nos fixeron ser o que hoxe somos. E porque queremos seguir aprendendo e medrando e ensinando e engordando a cultura galega e a cultura dezá. Porque máis que un grupo somos unha familia, un motivo de reunión social para os silledenses (e para os que non o son tamén). Porque sen vós non poderíamos presumir de vestiario nin de bailes nin de música. Grazas a vós sentímonos orgullosos de levar a Bandeira e o noso concello de Silleda polo mundo adiante e de representar a unha vila que aposta polo noso e que apoia as nosas raíces. Grazas, grazas e mil grazas ao Concello de Silleda por valorar sempre e ao longo de toda a nosa historia os nosos esforzos de investigación e as nosas propostas e por apoiarnos sempre tanto a nivel económico como moral. Sen vós o día 1 de xullo non sería tan grande. Grazas a toda a xente da vila por acompañarnos neste camiño durante as tres primeiras décadas. Grazas a todo o público que nos amosou o seu apoio durante as tres horas de festival de celebración do aniversario. Grazas a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira e ao Coro Vales Mahía pola súa dedicación desinteresada e polas horas de ensaio que nos axudaron a preparar parte da nosa trixésimo primeira mostra. Grazas ao grupo El Trencal de Carlet-Valencia por recorrer máis de mil quilómetros para bailar quince minutos e aportar un toque mediterráneo ao festival.Grazas a papás e mamás e avós e avoas e tías e primas e demáis familia pola súa paciencia para ir e vir aos ensaios das actuacións, aos concursos, por animarnos sempre. Grazas a todos os que fixestes posible que o día 1 de xullo fose unha data especial, por esa tarta saborosa que nos trouxestes, por deixarnos roupa para os bailes, ... Grazas, en definitiva, a todos. Por facernos felices e deixarnos seguir adiante. Vémonos o ano que ven, e esperamos tamén dentro doutros tinta anos.