tribuna del lector

I+D+i+G

08.07.2017 | 02:04
I+D+i+G

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dotadas de todos os medios tecnolóxicos. Sentíase fachendoso porque cada aula levaba o nome dun coñecido economista. Pregunteille porque non había ningunha dedicada a un galego. Non soubo que contestarme. Pedínlle información sobre os cursos que se impartían na Escola e nos temarios editados cun lustroso deseño non atopei ningunha referencia á historia do pensamento económico galego. En resúme: os alumnos daquel centro poderán saber moita teoría e mesmo experiencias de planificación económica alén das nosas fronteiras e ao tempo descoñecer as importantes contribucións de coñecidos economistas ao desenvolvemento económico autóctono.

Non é de estrañar que en Galicia os dirixentes empresariais amosen indiferenza polos nosos valores patrimoniais. Esa visión perturbadora denuncíabaa a Revista de Economía de Galicia (REG) que foi unha publicación única, de recoñecido prestixio internacional no panorama económico daqueles anos, polos seus contidos ben escollidos por un consello de dirección de gran solvencia académica e empresarial.

O editoral do primeiro número da REG, editado en 1958, é ilustrativo: "En Galicia non é infrecuente que se contrapoñan os conceptos de economía e cultura. Entendemos por cultura dun país o conxunto de formas dinámicas que articulan a súa vida en canto totalidade complexa. Cada unha desas formas -realidade económica, estrutura política, peculiaridade espiritual, tradición histórica, etc.- configuran a natureza da propia relación economía-cultura que ten que ser de acción recíproca."

A filosofía da chamada Responsabilidade Social Corporativa ou Empresarial, da que a REG foi precursora, insta a procurar esa vinculación da economía e a cultura. Por iso a publicación rexeitaba por absurda esa contraposición, xa que a investigación económica é unha actividade cultural cuxos resultados inflúen, de maneira esencial, no desenvolvemento da vida económica en canto realidade concreta.

Desa negación do contexto cultural no que se desenvolve a actividade económica e empresarial xorde a desconsideración polo marco xurídico que regulan a cooficialidade lingüística e os dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras e consumidores recollidos na lexislación vixente. Pero aínda hai máis. Os estrategas dos estudos de mercado descoñecen a importancia que ten vincular as súas marcas comerciais coa lingua de oríxe. Todo o contrario do exemplo da ampla oferta de produtos que nos chegan doutros países etiquetados na súa propia lingua e que os consumidores galegos aceptan con naturalidade, como fan noutras latitudes xeográficas cos nosos produtos etiquetados en lingua galega. Porque a súa calidade é o que interesa, e o idioma certifica a autenticidade da súa oríxe.

O sentimento de lealdade cos nosos valores patrimoniais deberá estar sempre presente na xestión empresarial. Pero para que isto ocorra a medio prazo, deben ser os centros universitarios e as escolas de negocios, as que deben mudar os seus currículos incorporando a eles o estudo da nosa realidade cultural e os seus efectos positivos nas estratexias de mercadotecnia e nas potencialidades que ela ten nos recursos humanos.

As empresas que asumen esta filosofía teñen mellores contas de resultados e a entusiasta aquiescencia dos seus consumidores. Na historia económica de Galicia xa contamos con bos exemplos dese proceder con exitosos resultados.

Neste camiño de diálogo e reencontro entre a economía e a identidade, no que fai fincapé constantemente o Foro E. Peinador, é de salientar a decisión da dirección da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo de darlles nomes de emprendedores galeguistas ás súas aulas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A vueltas con el congreso del PP de Cangas

Que me tienen loco con el congreso local del Partido Popular de...

 
 

ANXEL VENCE

Vacaciones con mando a distancia

Aunque por la barba y el continente recuerde a un prócer...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Los medios no le dan tregua

Los medios de Estados Unidos, tal vez arrepentidos de no haber hecho lo suficiente para evitar...

 
 

ISABEL CALLE SANTOS*

Amor obsesivo como enfermedad

En 1979, la psicóloga Dorothy Tennov, publicó el...

 
 

MANUEL TORRES

El Museo del Mar

Desde hace tiempo unos marinenses, hombres de la mar, se han propuesto conseguir un local, con...

 
 

DANIEL CAPÓ

Plena soberanía

La nueva sensibilidad política que consiste en dejar solo el músculo de la voz del pueblo sin...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine