tribuna del lector

Premios Peña Novo e xuíces honorarios do Couto Mixto

21.06.2017 | 03:13
Premios Peña Novo e xuíces honorarios do Couto Mixto

Teixeira de Pascoaes publicou no ano 1915 un libro titulado "A arte de ser portugués", escrito para chamar aos seus compatriotas ao compromiso coa identidade. Nel afirma que ser portugués é unha arte de gran alcance nacional e, por iso, ben digna de cultura, porque "o portugués participa da herdanza étnica, histórica ou tradicional, adquirindo así unha segunda vida que, por máis vasta, abrangue e domina a súa existencia de individuo". Foi seguidor dunha filosofía que tivo moito predicamento na Europa do primeiro terzo do século XX.

Tamén o galeguismo dese período histórico participou dela para rescatar os valores identitarios esmagados polos Estados. Otero Pedrayo foi un dos afervoados defensores dese pensamento. Nunha conferencia pronunciada en Buenos Aires en xullo de 1947, que foi seguida por unha multitudinaria concorrencia que aplaudeu con entusiasmo o seu parlamento, dixo que "ser galego non é beber un vaso de viño, tirar a chaqueta ao aire e botar un aturuxo; ser galego é algo moi serio, transcendente, nobre e elegante; ser galego é participar da creatividade dun pobo".

Naquel tempo eran frecuentes os discursos apelando á responsabilidade dos galegos para que asumisen sen complexos a pertenza a un pobo cunha cultura diferenciada. Lois Peña Novo expresouno censurando aos que se consideraban cultos: "De nada vale que teñamos en Galicia homes cultos senón temos unha cultura galega. Eses homes cultos cando non teñen unha cultura nacional considéranse desleigados do seu pobo, superiores ao seu pobo, e convértense en elementos disociadores; mentres que os homes de cultura nacional son a forma reflexiva da conciencia popular". Os primeiroS -engadía- non aportarían ningún valor nin á Terra nin ao progreso humano, só os segundos serían os creadores.

As sentenzas de Teixera de Pascoaes, Otero Pedrayo e Lois Peña Novo inspiran o labor do colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.com) que aglutina a varias asociacións que desenvolven as súas actividades en distintos ámbitos sociais e profesionais, extramuros do eido literario.

Unha delas, a Fundación Lois Peña Novo, recoñece cos seus premios anuais o labor de persoas e entidades que son exemplos de rexa galeguidade. Desta volta os elixidos foron: Dona Sandra Piñeiro, maxistrada do xulgado de Instrucción número 2 de Lugo, que recibirá un deles pola súa firmeza no uso da lingua galega na actividade xudicial; don Xurxo Mariño Alfonso, Neurofisiólogo e profesor da USC por exercer a docencia o labor científico en galego; e a Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas", polo maxisterio no ámbito trasnfronteirizo, unindo dúas culturas irmás. O acto terá lugar o día 29 do mes que andamos no castelo de Soutomaior.

Outra entidade, a Asociación de Amigos do Couto Mixto, celebrará o día 1 de xullo na igrexa de Santiago de Rubiás o seu tradicional acto anual. Don Valentín García Gómez, Secretario X. de Política Lingüística, don Alejandro Rubín, director-xerente de Expourense e a Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño, recibirán senllas réplicas dunha das chaves do vello arcón e os bastóns de mando que os acreditarán a partir de entón como Xuíces Honorarios daquel singular e histórico territorio, recoñecendo así as súas contribucións á construción do espazo territorial común da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nas vertentes culturais e económicas.

*Presidente do Foro E. Peinador

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine