A forza que nos move

12.06.2017 | 01:38
A forza que nos move

Hai poucos días presentamos a proposta de "Bases para una resposta unitaria da clase traballadora galega". Esta iniciativa emanou da renovación das CC OO de Galicia que se produciu no noso recente Congreso, un proceso iniciado meses atrás e que nos mobilizou internamente, xusto co obxectivo de renovarmos a organización. Vivimos tempos de rápidas e profundas transformacións globais en Europa, no Estado e no noso país. Ao tempo, e sempre da man do predominio económico neoliberal, padecemos en Galicia e España o andazo da corrupción, o descrédito das institucións, o rexeitamento ao público e o auxe do individualismo fronte ao colectivo.

Cremos que a maioría social está tan farta da situación como necesitada de albiscar posibilidades reais de cambio. Neste contexto, as organizacións sindicais debemos ser forzas de vangarda e instrumento eficaz, áxil e útil que canalice a ofensiva da clase traballadora galega para recuperar dereitos laborais e sociais. Por iso formulamos a proposta de unidade sindical: é a resposta diante dun tempo novo no eido laboral, no contexto socioeconómico, no tecnolóxico... A resposta axeitada nun mundo en constante e rápido cambio.

Non somos alleos ao "escepticismo de despacho" que esperta a nosa proposta. Somos conscientes tamén de que deberemos salvar resistencias internas nos nosos sindicatos. Tampouco pecamos de inxenuos e temos ben identificados os poderosos movementos que se activarán para evitar a confluencia do movemento sindical en Galicia. Con todo, en CC OO estamos convencidos de que prosperará: a clase traballadora e a maioría social evitarán que a singradura "imposible" -como algúns xa a cualificaron- naufrague.

É hora de rexeitarmos a máxima do "sempre se fixo así". As novas propostas e formas deben asentar na máis enxebre ecuación sindical: identificar os problemas con pragmatismo, facer propostas viables e xestionar estratexicamente os tempos da mobilización e da negociación co obxectivo do acordo no horizonte.

Así se abordan adoito -non sempre- eses procesos no mundo do traballo. Porén, tamén é frecuente concorrer con quen, por comodidade, fica a medias no desenvolvemento da ecuación, ou sexa, sen resultados, sen batallas gañadas, e coa poderosa maquinaria da resignación ben engraxada. Fronte a isto, ofrecémoslle á clase traballadora galega unha alternativa de obxectivos compartidos, de propostas concretas, en definitiva, a posibilidade de nos ilusionarmos coa forza que nos dá a unidade; a forza que nos move.

*Secretario xeral de CC OO Galicia

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine