Dende a Asociación Os Trazantes de Tenorio queremos saír ó paso das publicacións que se veñen facendo os últimos días nos diversos medios querendo esclarecer a situación que está a vivir o grupo.

A anterior presidenta cesou no seu cargo o día 28 de abril. A pesar da implicación e da boa labor que en moitas ocasións esta persoa tivo no grupo, no momento no que a nova directiva quixo poñerse á fronte da asociación vimos que había certas irregularidades e que existía falta de fondos. Debido a este problema pedíronse as explicacións pertinentes á expresidenta; explicacións que nunca chegaron. Evidenciábase unha mala xestión dos cartos. Cando a nova directiva pide o acceso á documentación do grupo, esta persoa non lla facilita e tampouco se consegue esclarecer o estado de contas. Pese a todo, a decisión tomada en conxunto pola asociación é a de emprender unha nova xestión clara e continuar adiante co noso traballo partindo de cero.

Por outra banda, queremos clarexar que non formaremos parte de ningunha loita política nin fomos en ningún momento partícipes de declaracións de ningún grupo político.

Somos unha asociación que actuará en todo caso con voz propia e imparcialidade e que tratará os seus asuntos internos da maneira que considere oportuna. Pedimos respeto á Asociación Os Trazantes de Tenorio e ós membros, que ó único que se adican é á recuperación e ensalzamento das nosas tradicións e folclore e é precisamente niso no que seguiremos centrando os nosos esforzos.